Deseña unha campaña de saúde pública
Actividade que nos permite investigar sobre cuestións de saúde e poñer en marcha a nosa creatividade para informar e protexer a outras persoas
Una parte importante da promoción da saúde é dar a coñecer á cidadanía información e recomendacións sobre enfermidades e hábitos saudables. Para iso, os gobernos e as institucións poñen en marcha campañas de comunicación que teñen como obxectivo que a poboación saiba como levar unha vida saudable, como protexerse fronte a enfermidades ou como actuar fronte a unha emerxencia médica.
A través desta actividade poderemos aprender como funcionan as campañas de saúde pública e que as fai eficaces.
Para a actividade poden utilizarse como recursos adicionais:
- Cartel: Búscase: Coronavirus
- Fichas: Os patóxenos máis buscados
Que temas de dereitos da infancia e cidadanía global abordamos nesta actividade?
- O dereito á saúde e a recibir coidados preventivos e educación sobre hixiene e saúde.
- O dereito á educación e o seu papel no desenvolvemento das máximas capacidades de cada neno ou nena.
- O dereito á participación, ao acceso a unha información axeitada e a buscar, recibir e difundir ideas e informacións sobre temas de todo tipo.
- O dereito ao desenvolvemento e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente o 6º, sobre auga, hixiene e saneamento.
Tabla de aprendizaxes
Esta actividade está indicada para últimos cursos de Primaria e Secundaria, realizando as adaptacións curriculais necesarias.
Obxectivos de aprendizaxe
Conocimientos | Actitudes | Competencias |
---|---|---|
|
|
|
Conceptos clave: hixiene, saúde, hábitos saudables, educación, COVID-19, prevención de enfermidades, saúde pública, comunicación social.
Dirixido a: centros educativos, docentes de Educación Primaria e Secundaria, familias, educadores.
Data de publicación: setembro de 2020
Edita: UNICEF España

Gotas para hixiene
Podemos adaptar esta actividade para formar parte da campaña do noso centro educativo a favor de #GotasUNICEF. A concienciación sobre a importancia da auga, a hixiene e o saneamento é un elemento moi importante para acadar o obxectivo 6 dos obxectivos de desenvolvemento sostible.
Actividades e recursos relacionados
#gotasUNICEF
Carreiras solidarias
Pon a túa gota!
Cada ano, milleiros de estudantes mobilízanse nas súas escolas e institutos para apoiar o traballo de UNICEF en materia de auga, medio ambiente e emerxencias humanitarias. Queres engadir as túas gotas?


