Facemos paz!
Actividade para celebrar o Día da Paz

#facemospaz

Descarga a guía

 
Hacemos paz

30 de xaneiro, Día da Paz: #facemospaz

O 30 de xaneiro é o Día Escolar da non Violencia e a Paz, unha oportunidade para reflexionar sobre a paz desde un enfoque educativo e contribuír a que estudantes de todas as idades adquiran coñecementos, actitudes e habilidades que lles permitan promover e defender a non violencia no seu día a día. Neste curso propoñémonos traballar os aspectos máis básicos da paz que nos axuden a construíla no noso contorno: cos nosos valores, xestos e actitudes, cada día, facemos a paz.

Crear hábitos cotiás para construír a paz

A paz é algo máis que a ausencia de guerras, a paz constrúese pouco a pouco preto de nós cando eliximos non utilizar a violencia para resolver os conflitos do día a día. Significa isto que é sinxelo facer paz? Non, de feito pode ser moi difícil se non adquirimos os coñecementos, actitudes e habilidades que nos permiten resolver os conflitos de xeito pacífico. Propoñémosvos unha serie de actividades, adaptadas a diferentes etapas educativas, que vos poden servir para introducir esta cuestión na aula e aprender que cada día #facemospaz

Guía de la actividad

Consulta a guía para educadores

dispoñible en 4 versións, por nivel educativo..

Mural de los derechos

Falade sobre o tema:

Por que a veces nos resulta tan difícil solucionar os conflitos de maneira pacífica? Que deberíamos saber facer?

Participación

Preparade o voso manifesto:

podedes inspirarvos no que se inclúe na guía de actividade.

El mural de los derechos

Compartide o voso compromiso!

Podedes dar a coñecer o voso compromiso para que sirva de exemplo a outras aulas co cancelo #facemospaz

Guía para educadores

Esta guía inclúe algúns aspectos importantes para preparar a actividade na aula ou no centro educativo. Contén algunhas ideas, propostas de adaptación, información de apoio e un modelo de manifesto para que os participantes o completen e o asinen. Podes descargar a guía inscribindo a túa actividade no formulario que hai nesta misma páxina. Utiliza a guía para sacarlle todo o proveito a esta proposta! 

Descarga a guía

Guias

Rexístrate e descarga a guía

Descarga a guía con ideas prácticas e material de apoio para a realización da actividade.

Consígueo cubrindo este formulario

* Por que pedimos estes datos?:

Que enfoque lle queres dar a esta actividade?

Podes escoller máis dunha

Data da actividade

 

Estes recursos educativos están apoiados pola Cooperación Española a través da Axencia Española de Cooperación (AECID). O seu contido é responsabilidade exclusiva do Comité Español de UNICEF e non reflicte necesariamente a posición da AECID.