#gotasUNICEF
Carreiras solidarias
Achega a túa gota!
Cada ano, milleiros de estudantes mobilízanse nas súas escolas e institutos para apoiar o traballo de UNICEF en materia de auga, medio ambiente e emerxencias humanitarias. Queres engadir as túas gotas?



A auga e o impacto da crise climática na infancia
Secas, vagas de calor, inundacións, tormentas... Os efectos do cambio climático na auga cada vez son máis importantes para nenos, nenas e adolescentes: forman parte das súas vidas e as súas conversacións.
100 millóns
viven en rexións con acceso limitado a auga potable
270 millóns
viven en lugares con mal saneamiento
530 millóns
de nenos viven en zonas con alto risco de inundacións
Achega a túa gota
Miles de nenos, nenas e adolescentes participaron nas carreiras de gotas desde o seu inicio no curso 2008-2009 e, desde entón, estudantes de todas as idades puideron coñecer un pouco máis sobre os dereitos da infancia, achegando o seu graniño de area, as súas gotas, para apoiar o traballo de UNICEF. Anímaste a organizar unha carreira no teu centro educativo?
Organiza a túa carreira
¡Cada gota cuenta!
Podéis organizar cualquier tipo de carrera, incluso no correr. Lo importante es la celebración de un evento compartido por la comunidad educativa que contribuya a destacar la importancia del agua con un fin solidario.
En cada carreira hai...
Escolas comprometidas polo dereito á auga
Dende os seus comezos, hai case 20 anos, as carreiras solidarias de gotas uniron a nenos, nenas e adolescentes de centos de colexios e institutos cun obxectivo común: levar auga alí onde máis falla fai.
- Varias xeracións de estudantes contribuíron cos seus esforzos a levar pozos, camións cisterna, canalizacións, pastillas potabilizadoras e moitos outros recursos a lugares remotos onde eran moi necesarios.
- Ademais, coas súas gotas contribuíron á formación de profesionais e á educación de comunidades en temas relacionados coa hixiene, a prevención de enfermidades e o coidado do medio ambiente.
- As escolas participantes axudaron a outras escolas, levando cousas tan simples como necesarias (billas, váteres e xabón) a colexios que nunca os tiveran.
Malia os logros conseguidos, os retos relacionados coa auga medran:
- A crise climática está producindo secas e inundacións imprevisibles en lugares onde antes non eran frecuentes e os problemas relacionados coa auga están cada vez máis nas vidas e nas conversas de nenos, nenas e adolescentes de todo o mundo, incluídos os do noso contorno próximo.
- A degradación ambiental producida pola polución, os tóxicos e os microplásticos ten cada vez máis impacto no ciclo da auga, contaminando acuíferos e fontes que ata hai pouco eran seguras.
- Os desastres naturais e os conflitos armados interrompen e danan a subministración de auga e as canalizacións de saneamento, producindo escaseza e enfermidades alí onde antes non existían.
Clarisse, de 10 anos, estuda nunha escola que recibe apoio de UNICEF en Benín. Na foto, ensina aos seus compañeiros como lavar ben as mans: "Tes que fregar ben as mans con xabón antes de enxaugalas con auga, para que marchen ben os xermes", di.
Sabías qué...?
A falta de auga potable e saneamento afasta da escola a millóns de estudantes no mundo. As nenas levan a peor parte:
- Porque la falta de agua potable en sus hogares les obliga a ir a buscar agua antes de ir a la escuela, lo que les hace perder horas de clase.
- Porque a falta de privacidade que supón non ter un baño na escola atenta contra a súa dignidade, o seu dereito á hixiene e o seu dereito á educación.
- Porque as súas familias prefiren que non vaian á escola a que vaian a unha sen baños ou a que corran o perigo de percorrer longas distancias para ir a unha que os teña.
- Porque a falta de acceso á auga potable, o saneamento e a hixiene é unha das principais causas de enfermidade e mortalidade infantil.
Ir a unha escola sen baños é unha inxustiza: A falta de auga e saneamento nas escolas vulnera varios dereitos da infancia, entre eles o dereito á saúde, á educación, á protección ou á privacidade.
Un especialista de UNICEF en auga, saneamento e hixiene fala cun membro dunha comunidade rural en Kenia sobre as represas de area que se crearon na zona para reter a auga subterránea e que poida ser usada durante tempos de seca.
Que significa WASH?
Nos documentos de UNICEF, cando falamos de auga, saneamento e hixiene, ás veces abreviamos utilizando as siglas en inglés. WASH que, ademais de significar "lavar" en inglés, son precisamente as siglas de auga, saneamento e hixiene (WA- Water, S - Sanitation, H - Hygiene).
UNICEF traballa en todo o mundo para garantir o acceso da poboación á auga potable, a instalacións de saneamento adecuadas e dignas e a coñecementos sobre hixiene que lles permitan protexerse de enfermidades infecciosas. Malia os avances logrados nas últimas décadas, a diarrea causada pola auga non potable e a falta de acceso á hixiene segue sendo unha das principais causas de mortalidade infantil en gran parte do mundo. Ademais, a falta de acceso á auga priva á infancia dalgúns dos seus dereitos máis básicos, como a educación, a saúde, a nutrición ou o xogo.
Contribúe ao traballo de WASH de UNICEF organizando a túa carreira de gotas!