Ilustración: Adobe Stock / Sukhyun
Ilustración: Adobe Stock / Sukhyun
Ilustración: Adobe Stock / Sukhyun

Palabros
climáticos

Novas palabras para un clima cambiante

#palabrosclima

As palabras definen o noso mundo

A crise climática e outras ameazas medioambientais están a redefinir o futuro da infancia e supoñen un dos maiores retos que terán que afrontar ao longo da súa vida. Con todo, é un futuro fronte ao que nos faltan palabras: para entender o impacto da emerxencia climática nas nosas vidas, necesitamos buscar novas palabras para cousas que antes non existían

Palabras novas para cousas que non existían

Propoñémosvos crear palabros: palabras novas, raras e incluso rimbombantes para poder definir algunhas das cuestións medioambientais que máis preocupan nas aulas. Como podemos facelo? É moi sinxelo

UNICEF

Explorade un tema

Podedes utilizar os materiais didácticos dispoñibles en Educaclima, adaptados á idade do teu alumnado.

UNICEF

Elixide algo para o que non haxa unha palabra

Traballade nun palabro e na súa definición.

UNICEF

Rexistra o teu palabro

Utiliza o formulario e poderás descargar a ficha para a aula. 

UNICEF

Compárteo!

Decorade a ficha co voso palabro, facede unha foto e compartídeo no voso blog ou en redes sociais. 

#palabrosclima

  • Para elixir un concepto sobre o que crear un palabro e a súa definición, podedes pensar en situacións nas que os dereitos da infancia se vexan involucrados.
  • O voso palabro pode estar inspirado nunha palabra real, xuntar dúas palabras para xerar un novo significado ou ser totalmente novo e atolado. A definición si que ten que ser cousa seria porque falamos de dereitos!

Guía da actividade

Esta actividade permite desenvolver habilidades científicas, lingüísticas, artísticas e de participación infantil. Descobre todas as posibilidades desta actividade descargando a guía para a aula.

Descargar

Contribúe a un gran dicionario colaborativo

Introduce aquí a palabra que inventastes e a súa definición: poderás descargar a ficha para decorar e compartir na aula e nas redes sociais. 
Ademais, a vosa definición sumarase á de moitos outros centros educativos. Só tes que encher este formulario:

* Por que pedimos estes datos?: