Somos infancia!

Actividade para celebrar o 
Día Mundial da Infancia

#SomosInfancia

Descarga a guía

Somos infancia

Este 20 de novembro, Día Mundial da Infancia, queremos propoñer unha reflexión sobre o que significa a infancia e a adolescencia, que nos preocupa, que valoramos máis, que queremos reivindicar desde as aulas... O debate está aberto a toda a comunidade educativa e o seu obxectivo é que os nenos, nenas e adolescentes participantes recoñezan esta etapa das súas vidas como un momento único e especial para aprender, compartir, participar, xogar e desenvolverse, desde a base sólida que proporcionan os dereitos da infancia. Súmaste? Este 20 de novembro todos #somosinfancia.

Que valoramos da nosa infancia/adolescencia?

A infancia e a adolescencia son etapas especiais e moi importantes pero pasan tan rápido que non nos damos conta ata a idade adulta. Propoñémosvos dedicar un rato na aula a reflexionar sobre o que temos en común coa infancia de calquera época e lugar, o que fai especial á infancia actual e como imaxinamos que será ser nena, neno ou adolescente no futuro.

 #somosinfancia

Guía de la actividad

Consulta a guía de actividade

dispoñible en 3 versións para educación infantil, primaria e secundaria

Participación

Xerade debate e reflexión

entre os participantes e plasmade as ideas nas pancartas dispoñibles na guía

Mural de los derechos

Asinade o manifesto...

cos vosos compromisos polos dereitos da infancia e a adolescencia

El mural de los derechos

Difundide os vosos resultados!

Facede fotos da vosa actividade e do manifesto e compartídelos no voso blog ou en redes coa etiqueta

#somosinfancia

Guía para educadores

Esta guía, con tres versións para educación infantil, primaria e secundaria, inclúe algúns aspectos importantes para preparar a actividade na aula ou no centro educativo. Contén algunhas ideas, suxerencias de materiais e temas, propostas de adaptación, modelos, información de apoio e o manifesto para que os participantes o completen e asinen. Podes descargar a guía inscribindo a túa actividade no formulario que atoparás nesta mesma páxina. Utiliza a guía para sacar todo o proveito a esta proposta! 

Descarga a guía

Rexístrate e descarga a guía

Descarga a guía con ideas prácticas e material de apoio para a realización da actividade.

Consígueo cubrindo este formulario

* Por que pedimos estes datos?:

Que enfoque lle queres dar a esta actividade?

Podes escoller máis dunha

Data da actividade