Miles de nenos, nenas e adolescentes participaron nas carreiras de gotas desde o seu inicio no curso 2008-2009 e, desde entón, estudantes de todas as idades puideron coñecer un pouco máis sobre o dereito á auga e o dereito á educación, aportando o seu graniño de area, as súas gotas, para apoiar o traballo de UNICEF. Anímaste a organizar unha carreira no teu centro educativo?
Desde o curso 2008-2009
Organizadas por centros educativos, concellos e institucións
Grazas a todos os estudantes, profesores e familias que están participando este curso!
max_width
INSCRIBE A TÚA CARREIRA!
A inscrición e os materiais ofrecidos son gratuítos. Cada centro pode personalizar a actividade según considere. O esencial é que os participantes comprendan e valoren a contribución que poden facer para acadar os dereitos da infancia en todo o mundo.
DÚBIDAS?
Se tes algunha dúbida, podes poñerte en contacto connosco en educacion@unicef.es ou a través da oficina de UNICEF en Galicia: galicia@unicef.es.
Implica a toda a comunidade educativa na campaña Gotas do teu centro
#gotasUNICEF
max_width
Desde hai máis de dez anos, as carreiras de Gotas permiten a escolas, colexios e institutos unir a todas ás súas comunidades educativas na procura dun obxectivo común: mellorar o acceso a auga da infancia en todo o mundo e defender os dereitos de todos os nenos, nenas e adolescentes á saúde, a educación e a un medio ambiente saudable. Ademais, as carreiras de Gotas serviron a moitos centros educativos para poñer os seus esforzos ao servizo da axuda de emerxencia ante catástrofes humanitarias.
O avance dixital e a crecente sensibilidade social cara a mecanismos máis rápidos e transparentes de contribución, fannos evolucionar cara a unha nova forma de colaboración que esperamos que facilite o proceso a todos os centros educativos participantes na campaña de Gotas.
Cada familia pode desgravar a doazón realizada, se así o desexa.
Fiscalidade
Ao realizar a doazón de maneira directa, cada doante pode beneficiarse da desgravación correspondente.
Si, a posibilidade de que o centro educativo recolla as doazóns en efectivo e os ingrese segue existindo. Se se segue esta vía, todo o recadado é recollido polo centro educativo que o fará chegar a UNICEF facendo un ingreso na conta do Banco Santander - IBAN: ES72-0049-1892-67-2910381058
Si, na actualidade dispoñemos doutras dúas vías para facilitar a contribución das familias nas carreiras:
Se vos interesara esta posibilidade, podedes contactar coa oficina de UNICEF da vosa comunidade autónoma, para recibir máis información sobre se están abertas estas opcións e o modo no que podedes promocionalo.
DÚBIDAS?
Se tes algunha dúbida, podes poñerte en contacto connosco en educacion@unicef.es ou a través da oficina de UNICEF en Galicia: galicia@unicef.es.
© UNICEF/UNI361788/Sobecki VII
Organiza unha carreira no teu centro educativo polo dereito á auga e a un medioambiente saudable para toda a infancia. Se tiveras algunha dúbida, podes contactarnos en educacion@unicef.es.
Agradecemento
O centro non ten acceso ao detalle das doazóns, por política de protección de datos, pero si recibe información sobre a cantidade total lograda na súa campaña, así como o diploma que recoñece a participación na actividade.
Seguridade
As doazóns en efectivo, incluso se o importe é baixo, poden supoñer riscos para o persoal do centro responsable de manexalos e ingresalos. Tamén pode ser incómodo para algunhas familias que os nenos e nenas leven cartos ao cole, especialmente se son pequenos.
Claridade
A doazón prodúcese directamente na nosa web. Isto impulsa a confianza en que a cantidade aportada efectivamente chega a destino e supón unha maior transparencia no proceso.
En liña
Cando o centro educativo inscribe a súa carreira de Gotas e pide os dorsais, recibe unha ligazón a un formulario de doazóns personalizado para que as familias participantes podan contribuír. Esta ligazón inclúe un código único e o nome do voso centro, para que podamos saber que proveñen da vosa campaña.