
COVID-19: Fortalecemos contornas protectoras para a infancia en Cuba co apoio da Xunta de Galicia
Asinamos coa Xunta de Galicia un acordo de colaboración co obxectivo de consolidar contornas protectoras para nenos, nenas e adolescentes na Habana Vella (Cuba) cando termine a situación epidemiolóxica provocada pola COVID-19.
COVID-19: entregamos á Xunta de Galicia 30 portátiles para centros de protección de menores
UNICEF Galicia fixo entrega de 30 computadores portátiles á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para a súa distribución nos centros de menores da comunidade. Grazas a estes dispositivos electrónicos, nenos, nenas e adolescentes dos centros de menores de Galicia poderán continuar os seus estudos en remoto durante a crise sanitaria provocada pola COVID-19. Así mesmo, permitiralles estar en contacto cos seus seres queridos e denunciar posibles abusos ou casos de malos tratos se o necesitan.