5 razóns para apoiar a lactación materna
A lactación materna é unha práctica gratuíta e segura que ten un bo número de beneficios tanto para as nais coma para os bebés. Pero tamén é unha práctica sobre a que existen moitos mitos. Desmontámolos con información veraz e coas nosas razóns para apoiar as nais que desexan dar o peito:
1. A lactación materna salva miles de vidas de bebés cada ano: o leite materno proporciona ao recén nacido a súa primeira "inmunización". Ao fortalecer o seu sistema inmunolóxico reduce o risco de que contraia algunha enfermidade infecciosa. A partir da primeira hora de vida do bebé, manter a lactación materna exclusiva durante seis meses e continuar a lactación materna con alimentación complementaria ata os 2 anos podería evitar máis de 800.000 mortes ao ano.
2. Tamén protexe as nais: a lactación materna contribúe a que o útero da nai se contraia, un factor que reduce o perigo dunha hemorraxia abundante ou dunha infección. Ademais, as mulleres que dan o peito teñen un menor risco de sufrir diabete, cancro de mama, cancro de ovario, osteoporose e algunhas enfermidades cardiovasculares.
3. É unha práctica ecolóxica: o leite materno é un alimento natural, renovable que non necesita envasado, transporte ou proceso de elaboración, polo que é amigable co medio.
4. É segura: as nais que viven con VIH/SIDA, por exemplo, poden dar o peito aos seus fillos durante os primeiros seis meses e continuar despois con alimentos complementarios adecuados en combinación coa terapia antirretroviral.

Semana Mundial da Lactación Materna
Hai moitas máis razóns para apoiar unha práctica tan beneficiosa. E, precisamente, para protexela, este ano, queremos aproveitar a Semana Mundial da Lactación Materna para recoñecer o apoio necesario para as mulleres que traballan e desexan continuar dando o peito aos seus fillos.
A realidade é que a maioría de nais non se beneficia de políticas favorecedoras nos lugares de traballo. Isto non é só unha perda para as nais traballadoras e os seus bebés. Tamén é unha perda para as empresas e os empregadores.
As nais traballadoras con beneficios axeitados á maternidade, como un lugar de traballo que apoie a lactación, teñen maior satisfacción co seu traballo e maior lealdade cara a quen as emprega. Os nenos que recibiron lactación materna adoitan enfermar con menos frecuencia, co cal as súas nais tamén faltan menos ao seu traballo. Estes efectos contribúen a unha maior produtividade, beneficiando ás empresas e economías ás que contribúen.