Deporte e solidariedade en 'La Nit de l’Aigua' de Cataluña

Cada día morren 1.400 nenos en todo o mundo por enfermidades relacionadas coa falta de auga, hixiene e saneamento axeitadas Unha cifra desalentadora.

Para recordar esta situación e todo o traballo que queda por facer, UNICEF Comité Cataluña celebrará La Nit de l'Aigua (A Noite da Auga) o próximo 22 de marzo, Día Mundial da Auga.

La Nit de l'Aigua é unha xornada solidaria con actividades lúdicas e deportivas que terán lugar simultáneamente en numerosas piscinas da comunidade autónoma. Esta iniciativa, que conta co apoio da Federación Catalá de Natación, ten como obxectivo dar a coñecer as consecuencias da falta de acceso á auga para miles de nenos e conseguir fondos para os programas de auga e saneamento deUNICEF.Trátase dunha iniciativa aberta a todos os públicos que queiran participar nas actividades programadas por cada club ou centro deportivo. As inscricións xa están abertas na webwww.lanitdelaigua.org, que contén os programas de actividades dos clubs e centros adheridos.

La Nit de l'Aigua conta co apoio de varias empresas, medios de comunicación como El Periódico de Cataluña e Sport; caras coñecidas do mundo do deporte como as xogadoras da selección nacional feminina de wáter-polo e campioas do mundo Jennifer Pareja,Anni Espar ou Laura Ester; nadadoras olímpicas como Claudia Dasca ou Marina García; e o piloto de Formula 1 Jaime Alguersuari; a actriz Clara Segura, e a modelo e deseñadoraVanesa Lorenzo.La Nit de l'Aigua vivirá este ano a súa segunda edición en Cataluña e a súa sétima edición en Francia, onde se desenvolve a través de UNICEF Comité Francia e a Federación Francesa de Natación.