Eleccións Autonómicas Galicia. Instamos aos partidos a priorizar os dereitos da infancia e os temas que lles preocupan e afectan

Una niña sonríe y juega en las calles de una localidad Gallega

29/01/2024

Propoñemos ás principais formacións políticas que concorren ás eleccións autonómicas do domingo 18 de febreiro a que os dereitos da infancia e a adolescencia sexan unha prioridade na nova lexislatura 2024-2027.

UNICEF Comité Galicia compartiu coas formacións políticas o documento ´Nestas eleccións, gaña a infancia´, con 10 propostas vinculadas co coidado e protección da infancia e a adolescencia en Galicia e no mundo; a loita contra a pobreza infantil; o coidado da saúde mental e os dereitos da infancia na contorna dixital.

En Galicia, onde a poboación infantil constitúe o 14,06% do total, lembramos a importancia de incorporar nas políticas de infancia a perspectiva de dereitos, garantindo o investimento en infancia cun enfoque de equidade, e incorporando a participación real dos nenos, nenas e adolescentes.

“Os nenos e nenas deben estar e ser tidos en conta nos programas electorais. Porque teñen dereito a ser escoitados e a participar en todos os asuntos que lles afectan; porque son especialmente vulnerables á pobreza, á violencia e á explotación; e porque inverter na infancia é unha opción económica intelixente e reporta beneficios a toda a poboación.” resalta Myriam Garabito, presidenta de UNICEF Comité Galicia.

Estas son algunhas das principais propostas:

  • Impulsar a tramitación dunha Lei Galega de Infancia e Adolescencia que defina medidas e políticas en materia de educación, nutrición, saúde e vivenda.
  • Adoptar as medidas necesarias para fortalecer o sistema de protección á infancia en Galicia, no marco da Lei Orgánica de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia (LOPIVI).
  • Reforzar a resposta ante os problemas de saúde mental na infancia e a adolescencia e tomar medidas para xerar mecanismos de protección fronte á vulneración de dereitos que se deriva do uso das novas tecnoloxías.

Gustaríache facer algo extraordinario hoxe?

Faite socio. Elixe agora a túa achega mensual

Con 25€ ao mes durante un ano, podemos proporcionar tratamento completo contra a desnutrición a 7 nenos.

Sabes que podes recuperar ata un 80% das túas achegas? Máis info

Se prefires, contacta connosco no 900 907 074 de luns a venres de 9:00h a 21:00h e sábados de 11:00h a 17:00h | socios@unicef.es

Eleccións Autonómicas Galicia. Instamos aos partidos a priorizar os dereitos da infancia e os temas que lles preocupan e afectan