As nenas e nenos galegos reclaman un Consello Autonómico de Participación Infantil e Adolescente con reunións periódicas

Buscan unha maior implicación por parte do goberno para poder tratar os temas globais que afectan á infancia

Consejo de Participación Galicia

27/06/2019

O 8 e 9 de xuño, Castrelo de Miño (Ourense) acolleu o I Encontro Autonómico de Consellos de Participación Infantil e Adolescente de Galicia, no que 50 nenos, nenas e adolescentes se reuniron para debater sobre os seus dereitos e reflexionar sobre que precisan para mellorar a calidade de vida na súa comunidade.

As reunións xiraron en torno a cinco temáticas, enmarcadas na Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN): educación, protección, pobreza, participación e cambio climático, cunha clara preocupación pola equidade e igualdade de xénero.

O broche da xornada foi a lectura do Manifesto de Castrelo, documento que reúne as súas peticións e que se convertirá nunha ferramenta para que a infancia e adolescencia galegas trasladen as súas ideas e propostas aos actores políticos. Ademais, UNICEF Comité Galicia exercerá como voceiro coa fin de que as propostas sexan escoitadas e tidas en conta no deseño e posta en práctica das políticas públicas.

O encontro, organizado por UNICEF Comité Galicia coa colaboración do Consello de Castrelos de Miño e a Xunta de Galicia, enmárcase dentro do Convenio firmado pola Consellería de Política Social e UNICEF o pasado mes de novembro para promover a participación infantil e a iniciativa Cidades Amigas da Infancia en Galicia.

Solo nos faltas tú para seguir salvando la vida de muchos niños

Elige ahora tu aportación

Con 25€ ao mes durante un ano, podemos proporcionar tratamento completo contra a desnutrición a 7 nenos.

Sabes que podes recuperar ata un 80% das túas achegas? Máis info

Se prefires, contacta connosco no 900 907 074 de luns a venres de 9:00h a 21:00h e sábados de 11:00h a 17:00h | socios@unicef.es

As nenas e nenos galegos reclaman un Consello Autonómico de Participación Infantil e Adolescente con reunións periódicas