UNICEF recibe un Premio Solidario da Fundación Sevilla FC

O galardón foi outorgado polo traballo de UNICEF España a favor da infancia máis vulnerable.

UNICEF, a Federación Down España e o ex xogador sevillista Frèdèric Kanouté foron os galardoados dos II Premios Solidarios da Fundación do Sevilla FC, entregados durante un acto no Estadio Ramón Sánchez Pizjuán.

 

A Fundación quixo recoñecer co premio de Cooperación InternacionalEdward Johnston o incansablelabor de UNICEF a favor da infancia máis vulnerable e o seu traballo en situacións deemerxencia.

O presidente de UNICEFComité Andalucía, Ricardo García, recolleu e agradeceu o premio en nome da organización: "É para nós unha enormesatisfacción, porque premios como este nos animan e impúlsannos a seguir poñendo todas as nosas forzas e corazón na defensa dos dereitos da infancia en calquera lugar do mundo para lograrcambios reais na vida dos nenos e as nenas, especialmente na dos máis vulnerables,". Ademais García declarou que "premios como este son especialmente benvidos cando, aínda que o apoio de particulares, entidades e empresas privadas se mantén ou crece, aAxuda Oficial ao Desenvolvemento en España sufriu un descenso do 65% nos dous últimos anos".UNICEF Comité Español e o Sevilla FC colaboraron estreitamente dende 2003 nos chamamentos da organización, especialmente en situacións de emerxencia humanitaria como as crises de Iraq, Haití ou Paquistán, e máis recentemente na loita contra a desnutrición infantil no Corno de África e no tifón de Filipinas. Xunto a UNICEF outro dos galardoados este ano foi a Federación Down España, premio de Solidariedade en Proxectos Nacionais Manuel Blasco Garzón polo seu labor na integración de persoas con síndrome de Down. Este traballo céntrase en asegurar a súa autonomía a través da atención temperá nos primeiros anos, programas de apoio ao ámbito familiar, inclusión educativa, ocio e emprego.Juana Zarzuela, vicepresidente deDown España, agradeceu ao Sevilla FC este premio destacando que o colectivo de persoas con síndrome deDown "xoga o seu partido máis importante cada día, superándose e avanzando". A mención especial como Sevillista SolidarioCarlos García Martínez recaeu no ex xogador do club Frèdèric Kanouté, quen non puido acudir por encontrarse enBamako. Na súa mensaxe o maliense quixo agradecer ao Sevilla FC e a todo osevillismo a solidariedade que sempre mostrou coa súa Fundación, ao tempo que os animou a seguir colaborando porque "sempre queda moito por facer".

A entrega destes galardóns solidarios, contou coa presenza do delegado territorial de Educación, Cultura e Deporte da Xunta de Andalucía, Francisco Díaz Morillo; a delegada de Cultura, Educación, Xuventude e Deportes do Concello de Sevilla,María del Mar Sánchez Estrella; ou o presidente da Fundación Cajasol,Antonio Pulido, os que participaron, xunto ao presidente do club José Castro e o capitán do primeiro equipo José Antonio Reyes, na entrega dos galardóns.