Educando a conciencia: Dereitos, saúde mental e educación

Coñeces o papel da educación para promover o dereito á saúde mental e o desenvolvemento de hábitos de vida positivos na infancia e adolescencia? A nosa proposta de recursos e actividades para o curso 2021-2021 pode servirche de guía.

Ilustración

 

Un enfoque educativo

Para cada estudante, é importante dispoñer desde a infancia das ferramentas que lle permitan tomar conciencia de si mesmo, dos seus procesos cognitivos e das súas emocións, para maximizar as súas oportunidades de desenvolvemento na vida. Estas son ferramentas educativas e, por iso, educar a conciencia é imprescindible para garantir o dereito de cada neno ou nena ao desenvolvemento, á educación e á saúde.

 

Educando a conciencia
Guía de actividades e recursos

Educando a conciencia: O papel da educación para promover o dereito á saúde mental e o desenvolvemento de hábitos de vida positivos na infancia e adolescencia
Este curso propoñemos un enfoque da saúde mental desde unha perspectiva educativa, na que a educación en hábitos saudables e habilidades para a vida, a prevención da violencia, a igualdade e a eliminación de barreiras xogan un papel moi importante. Descobre todas as actividades e recursos que acompañan a esta proposta.

Descarga o PDF

 

 
Caderno da formación
Caderno de formación

Dereitos, saúde mental e educación: Un enfoque para promover a saúde mental e psicosocial desde os centros educativos.
Este documento para docentes introduce algúns elementos clave da abordaxe da saúde psicosocial desde o centro educativo: como é o enfoque educativo de saúde mental, como podemos promovela desde o ámbito educativo, o desenvolvemento de habilidades para a vida e o seu valor preventivo e o papel da protección nos centros. Próximamente en galego.

Descarga o PDF (CAS)

 


Como empezar:

  • Transmitindo coñecementos sobre saúde psicosocial adaptados á idade e nivel de madurez de cada estudante.
  • Promovendo actitudes cara a saúde mental, as diferencias individuais, a personalidade e a expresión das emocións que favorezan a inclusión e o bo clima escolar.
  • Desenvolvendo competencias e habilidades de vida que fomenten a autonomía, o auto coñecemento, a adquisición de seguridade e a prevención de condutas violentas e discriminatorias.

 

 

Tres datas clave

 

 

 
20 de noviembre: Día de la infancia

Día Mundial da Infancia

Propoñemos unha actividade na que os nosos estudantes poidan reclamar o seu dereito a participar, tomando decisións sobre a selección de talentos profesionais para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

 
30 de enero: Día de la Paz y la no violencia

Día da paz

A semana do 30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz, propoñemos unha importante misión: axudar a un grupo de temibles trolls a descubrir as súas emocións como a clave para vivir en paz.

 
22 de marzo: Día del agua

Día da auga

Os últimos meses do curso abordan un dos temas que máis preocupan aos nosos alumnos: o medio ambiente e están dedicados ás actividades de #GotasUNICEF, con algunhas datas clave no calendario, como o Día da Auga (22 de marzo) ou do Medio Ambiente (5 de xuño).