Como falar aos nenos e nenas sobre desastres, emerxencias e catástrofes

Recomendacións dirixidas a educadores e familias para abordar dúbidas e medos

Cómo hablar a los niños sobre catástrofes | Foto: © UNICEF/UNI47081/Pirozzi

As imaxes que nos chegan do sufrimento e a devastación producida por catástrofes como terremotos, ciclóns ou conflitos móstrannos o horror físico e psicolóxico que afrontan as vítimas. Ademais, estas imaxes teñen un impacto sobre nós e son especialmente duras para os máis pequenos.

Presentámosche algunhas claves para axudar a nenos e nenas a comprender e asimilar a existencia de catástrofes*. Estas recomendacións son útiles tanto para educadores como para as familias:

Presta atención ás emocións

  • Calquera catástrofe, natural ou provocada polo ser humano, é espantosa tanto para nenos como para adultos.
  • É importante que os adultos tomemos conciencia de que poden xurdir medos, aínda que non se manifesten, e é importante que falemos cos nenos, nenas e adolescentes cando sospeitemos que un desastre lles causou impacto.
  • Minimizar o perigo falsamente non proporciona tranquilidade. Con todo, ter un comportamento realista, pero tranquilo e sen dramatizar, dará sentido de seguridade.
     
Busca tempo e espazo para compartir

  • Pais e nais poden apoiar aos seus fillos deixándolles expresar os seus sentimentos sobre o desastre e dicíndolles que é normal sentirse preocupados ou tristes. Hai que asegurarlles que son queridos e que serán protexidos se algo malo ocorre algunha vez.
  • É necesario estar dispoñible para eles e darlles tempo e atención adicional nos días despois dun desastre, non só para falar do desastre, se non tamén para outras conversacións, ou só para pasar o tempo.

Non todos respondemos igual aínda que sintamos o mesmo

  • Pais e nais deben saber que a idade do seu fillo ou filla inflúe na súa maneira de responder ao desastre.  Por exemplo, aos catro anos mostrará a súa preocupación querendo durmir na cama dos seus pais, con oito anos intentará non ir ao colexio (quizais dicindo que se atopa mal), e na adolescencia discutirá máis do normal cos seus pais.
  • Recrear o desastre con xogos é unha maneira na que os nenos máis pequenos poden desenvolver un sentido de control e minimizar a súa ansiedade sobre un acontecemento potencialmente traumático, do mesmo xeito que un adulto fala ou comparte a súa experiencia con outros.
     
Hai noticias que non son aptas para nenos

  • Pais e nais deben ter coidado coa exposición dos seus fillos ás noticias sobre o desastre nos medios de comunicación. Escoitar ou ver noticias impactantes pode causar trauma adicional, e/ou insensibilizar a un neno ou nena sobre cuestións violentas e as súas consecuencias.
  • É importante tamén axudar a nenos, nenas e adolescentes a procesar as noticias que reciben dun desastre. Poden crer que “ese tipo de cousas nunca lles poderán ocorrer a eles”.  É necesario falar sobre isto e conseguir que comprendan que certos tipos de desastres pódennos pasar a calquera de nós.  Ou pola contra, pode que se sintan excesivamente vulnerables ao enterarse dun desastre moi afastado.  Os adultos debemos axudarlles a expresar os seus medos e logo recordarlles que a maior parte da xente que experimenta un desastre sobrevive, incidindo en que nese momento está seguro.
  • A sociedade enteira reacciona ante os desastres. É importante prestar atención á alarma social que pode chegar a impactar moito tanto a nenos como a adultos.  Hai que animar á rapazada a participar e amosar interese polas respostas da comunidade (por exemplo, accións de apoio e solidariedade, cerimonias, etc.)

Atención ao que lles chega por redes sociais

  • Poida que estean a consumir información en privado a través do intenso uso que fan dos dispositivos móbiles  nas distintas plataformas que frecuentan. Incluso podemos considerar que as súas fontes de información están nestas plataformas máis que nos medios tradicionais. Sen unha boa educación mediática están máis expostos a danos, manipulación e desconfianza. É unha boa ocasión para interesarse polo que lles está a chegar, como o interiorizan e como o comparten. Esa influencia na rede condiciona as súas relacións e os seus comportamentos.

Se o desastre é moi próximo: apoio especial

  • Cando o desastre foi próximo ou afectou directamente a unha familia, as reaccións poden durar moito tempo despois do feito, incluso poden continuar anos despois.  Un asesoramento psicolóxico para un neno, nena ou adolescente inmediatamente despois dun desastre pode reducir os efectos negativos a longo prazo.

* Estas recomendacións baséanse nun artigo, xa non dispoñible en Internet, escrito polo Dr. Christopher Bellonci, psiquiatra especializado en saúde mental infantil e boas prácticas.

Actividades e recursos sobre paz, resolución de conflitos e non-violencia

Escape room: casa do terror

Escape room: casa do terror

Para saír da casa do terror, María só necesita atopar algúns obxectos clave que lle fagan recordar quen é e que dereito…

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Adiviña quen é o personaxe misterioso usando o menor número de pistas posible. Xogo para Ed. Secundaria

Xogo de rol - Paz e non violencia

Xogo de rol - Paz e non violencia

Neste xogo exponse dúas situacións cun posible conflito no que cada personaxe mostra unha actitude e unha opinión difer…

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo para aprender que as fórmulas de cortesía son unha forma respectuosa de relacionarse con quen nos rodean, promoven…

Xogo: Abre a puerta correcta!

Xogo: Abre a puerta correcta!

Como educar en actitudes que fomenten o respeco e a non violencia?

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Resolvede este quiz no que se presentan preguntas ligadas a algúns feitos violentos da actualidade e coas que deberedes…

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Resolvede as preguntas relacionadas coa resolución de conflitos e a cultura da non violencia deste xogo.

Xogo: A casa da paz

Xogo: A casa da paz

Xogo para Educación Infantil que nos axuda a identificar contornas de paz cotiás

Xogo: Como se sinte?

Xogo: Como se sinte?

Xogo para aprender a identificar emocións e construír contornas amigables en Educación Infantil

Últimas novas no blog

Actividad para celebrar el Día Mundial de la Infancia

Bandeira branca

Actividade para centros educativos - Se dedicases no teu colexio un mural aos dereitos, cales destacarías?.

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca para Educación Primaria que nos permite reflexionar sobre a paz e a non violencia.

Actividad para celebrar el Día Mundial de la Infancia

Ponlle arte aos dereitos da infancia!: #muraldereitos

Actividade para centros educativos - Se dedicases no teu colexio un mural aos dereitos, cales destacarías?.

iStockphoto.com/Feodora Chiosea
 
© iStockphoto.com/Feodora Chiosea
 
Educar a conciencia

Este curso pode ser un bo momento para reflexionar e mellorar algunhas cousas sobre o benestar psicosocial e os hábitos de vida saudables no noso centro educativo.

APRENDER MÁIS

Ilustración de un grupo de estudiantes completando un puzle
© iStockphoto.com/Feodora Chiosea

EMERXENCIA
Terremoto Turquía e Siria

Miles de nenos e nenas necesitan axuda urxente. Doa agora.

¿Sabes que puedes recuperar hasta un 80% de tus donaciones? Más info

Si prefieres, contacta con nosotros en el 900 907 500 de lunes a viernes de 9:00h a 21:00h y sábados de 11:00h a 17:00h | [email protected]