Contaxio: Un conto didáctico e emocional en tempos da COVID-19
‘Contaxio’ narra a viaxe polo dicionario desta palabra tan repetida actualmente e da súa relación coas demais
‘Contaxio’ é unha viaxe polo dicionario, para descubrir como se sente esta palabra e coñecer a súa relación con outras palabras como “medo”, “inxustiza” ou “pobreza”, pero tamén as oportunidades que lle brindan outras como “ vacina”, “medicina” ou “investigación”.
Este conto pretende sumar o seu grao de area para promover o dereito dos nenos, nenas e adolescentes á educación e a estar informados dos temas que lles afectan: un conto que fala da actualidade, das implicacións do coronavirus, un conto para a historia.
Promovido por UNICEF e a actriz e presentadora Lucía Regueiro, Amiga de UNICEF Comité Galicia, ‘Contaxio’ é un conto colaborativo escrito por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, e coa ilustración de portada do pintor Leandro Lamas.
Un amplo elenco de actrices e actores de Galicia participan nesta iniciativa poñendo a súa voz: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén e María Vázquez; ademais da realizadora Lucía Rodríguez.
Descarga o texto do conto en PDF
Que podemos aprender con esta actividade?
Este conto é ideal para nenos e nenas de Educación Primaria e primeiro ciclo de Secundaria, pero pode orientarse tamén a estudantes máis maiores.
Obxetivos de aprendizaxe
Coñecementos | Actitudes | Competencias |
---|---|---|
|
|
|