Queres sumar os dereitos dos nenos de todo o mundo?
Pon a túa gota
#gotasUNICEF
Implica a toda a comunidade educativa
Deseña a túa campaña
#gotasUNICEF
+ solidariedade
+ deporte
+ educación
----------------------
#gotasUNICEF
Milleiros de nenos, nenas e adolescentes participaron nas carreiras da auga dende que comezaron no curso 2008-2009 e, desde entón, alumnado de todas as idades puideron coñecer un pouco máis os dereitos da infancia, aportando o seu grao de area, as súas gotas, para apoiar o traballo de UNICEF. Atréveste a organizar unha carreira no teu centro educativo?
INSCRIBE A TÚA CARREIRA!
Pon a túa gota
Todos os centros educativos están convidados a participar.
A inscrición e os materiais ofrecidos son gratuítos. Cada centro pode personalizar a actividade según considere. O esencial é que os participantes comprendan e valoren a contribución que poden facer para acadar os dereitos da infancia en todo o mundo.
RECURSOS EDUCATIVOS E PROMOCIONAIS
Deseña a túa campaña
Involucra aos participantes para que a túa campaña sexa un logro compartido.
Cada campaña escolar de Gotas é unha oportunidade para que toda a comunidade educativa participe e coñeza os dereitos da infancia e a adolescencia. Poñemos á túa disposición recursos sobre auga, medio ambiente e emerxencias, así como ideas para difundir a túa carreira.
PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE ESCOLAR
Cada gota conta
As carreiras da auga son unha actividade deportivo-festiva na que pode participar todo o mundo.
As carreiras da auga permiten aos centros educativos organizar un evento deportivo e solidario que una a estudantes, profesorado e familias para acadar un obxectivo común: apoiar o traballo de UNICEF a prol da infancia de todo o mundo. Os familiares e amigos dos participantes poden patrocinalos, contribuíndo a recoller máis gotas.
DÚBIDAS?
Contacta connosco
Necesitas máis información sobre a inscrición, a organización dunha carreira ou a contribución a Gotas?
Se tes algunha dúbida, podes poñerte en contacto connosco en educacion@unicef.es ou a través da oficina de UNICEF en Galicia: galicia@unicef.es.