"Son socio de UNICEF porque non podemos permitir que haxa nenos en situacións infrahumanas"
Post de J.C., socio de UNICEF España dende o 17 de xaneiro.
Fíxenme socio de UNICEFComité Español por dous motivos principais.
O primeiro resúmeo moi ben a seguinte cita: "Para que o mal triunfe, o único necesario é que os homes bos non fagan nada por evitalo."
Hoxe en día, como vostedes saberán mellor que ninguén, a fame, asenfermidades, os desastres naturais... son males que provocan que nenos, familias enteiras, vivan en situacións infrahumanas.
As persoas que nos consideramos boas, ou pretendemos selo, non podemos permitilo, xa sexa con donativos, comovoluntarios, etc.
Nese sentido, fai uns meses que fun pai, e agora que sei que se sente ao selo, pódome facer unha lixeira idea do que deben sufrir eses pais ao ver como os seus fillos se morren de fame ou de enfermidades. Debe ser terrible a dor e a impotencia que deben sufrir.
O segundo motivo ten que ver coa fiabilidade e credibilidade que vostedes transmiten. Convencéronme para ser socio, e espero que algún día tamén poida colaborar como voluntario noutras actividades.J.C. é un dos máis de282.000 socios con que conta UNICEF Comité Español. Os sociossodes o corazón de UNICEF. Vós contribuídes a cambiar a vida de millóns de nenos en todo o mundo. Grazas a tod@s!