Pocoyó: fichas para colorear sobre os dereitos da infancia
Oito fichas para poder ver os dereitos da infancia de moitas cores!
As fichas para colorear de Pocoyó e os seus amigos axudarán ao teu grupo de alumnos a descubrir os dereitos da infancia ao tempo que desenvolven destrezas básicas.
Cada ficha contén o nomeb dun dereito, unha pauta punteada para aprender a escribilo e un exemplo para colorear.
O caderno de fichas contén láminas sobre algúns dos dereitos da infancia que poden traballarse na aula cos nenos e nenas máis pequenos:
- Familia
- Identidade
- Igualdade
- Xogo
- Participación
- Protección
- Saúde
- Educación
Conceptos clave: Dereitos da infancia, familia, identidade, igualdade, xogo, participación, protección, saúde, educación.
Dirixido a: aula de educación infantil
Edita: UNICEF España, 2011
Dispoñible en: GAL | CAS | CAT | EUS | VAL | ENG
Recursos para el aula sobre los derechos de la infancia
Didáctica dos dereitos
Comprender os nosos dereitos, comprender en que consisten, como funcionan, que límites teñen e que responsabilidades conlevan é unha aprendizaxe vital para todo neno, nena ou adolescente. Guías de acceso para o profesorado, recursos de aula e ideas sobre como abordar os dereitos da infancia na aula, integralos no currículo e facelos comprensibles para o alumnado dos distintos niveis educativos.