Merendiñas contra o cambio climático
CEIP Plurilingüe Anxo da Garda (A Coruña)
Durante aproximadamente un mes levamos a cabo este proxecto no que combinamos o DEREITO Á SAÚDE dos nenos e das nenas co cambio climático. Tarefa difícil!! Pero este grupo de 26 nenos de 6º de Primaria comprobaron que cunha boa alimentación poden reducir o uso de envases dos productos que traen coas súas merendas ao colexio, cada vez máis baseados no plástico, nos bricks e noutros que contaminan se non se produce un axeitado reciclaxe deles.
E chegamos a conclusións moi interesantes como o feito de que no noso colexio de 10 aulas e 250 alumnos produciriamos durante todo o curso escolar e só coas merendas do recreo nada máis e nada menos que 152 kg e 150 g de residuos non orgánicos!! Aparte de que esas galletas, bolos, batidos e outro tipo de alimentos non son axeitados para unha dieta saudable, o que merma a nosa saúde.
Por todo isto fixemos unhas propostas aos líderes mundiais por medio dos nosos representantes locais para que se reduzan o emprego destes materiais nos produtos de consumo habituais en venta nos supermercados. A ver se nos fan caso...
Post compartido por:
Alfonso González - CEIP Plurilingüe Anxo da Garda (A Coruña)
Máis información sobre os dereitos dos nenos na educación
Participa no Blog!
Cada semana ocorren cousas novas nos centros enredados e leste é o lugar para compartir as vosas experiencias. Tamén atoparás aquí información de última hora sobre novidades relacionadas coa Educación para o Desenvolvemento. Contribúe coas noticias das actividades que desenvolva o teu centro! (lembra iniciar sesión para poder publicar a túa noticia).