Educación en Derechos de Infancia y Ciudadanía Global
No teu centro educativo, os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes, coñécense ou vívense?
Os dereitos da infancia non son só un contido que se pode aprender: son un instrumento que nos permite dar sentido a moitas iniciativas curriculares, organizativas e de clima escolar.
Se queres introducir un enfoque de dereitos de infancia no teu centro educativo pero non sabes por onde empezar, presentámosche o proxecto Educación en Dereitos. Este proxecto está orientado á comunidade educativa no seu conxunto, para que poidades poñer en marcha un proxecto educativo innovador onde os dereitos da infancia sexan o eixo vida escolar.
A educación baseada nos dereitos da infancia abarca a intervención nos seguintes ámbitos:
- Os programas de educación formal e non formal, así como os ambientes de aprendizaxe para os nenos, nenas e adolescentes.
- Os plans de estudos e a formación dos profesionais da educación.
- O fortalecemento da capacidade dos nenos e os adultos para poñer en práctica o seu compromiso cos dereitos da infancia e a aplicación destes principios na vida cotiá e na práctica profesional.
- A difusión a través dos medios de comunicación e doutras canles de información para concienciar e mobilizar aos membros da comunidade educativa en favor dos dereitos da infancia en todo o mundo.
Que fai especial unha escola en dereitos?
Educar en dereitos é algo máis que ensinar os dereitos: unha escola comprometida cos dereitos da infancia, convérteos na base do seu proxecto educativo, impulsa que a comunidade educativa os viva no día a día e fai aos propios nenos e nenas partícipes do cambio.
3 acciones clave en el proceso
Cando a práctica docente integra os dereitos da infancia como principios éticos e normas universais de conducta, transforma definitivamente a realidade do centro educativo.
Manuais de Educación en Dereitos
Coñece o último en Educación en Dereitos
Somos infancia!
Actividade para celebrar o Día Mundial da Infancia
ste 20 de novembro, Día Mundial da Infancia, queremos propoñer unha reflexión sobre o que significa a infancia e a adolescencia, que nos preocupa, que valoramos máis, que queremos reivindicar desde as aulas... Súmaste?