A Educación en Dereitos de Infancia e Cidadanía chega aos centros educativos galegos

A Xunta de Galicia e UNICEF asinan un convenio de colaboración para impulsar e formalizar esta iniciativa de promoción e difusión dos dereitos de nenos e nenas.

Enfoque de derechos UNICEF en los centros educativos

12/04/2019

Froito da colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e UNICEF España, xorde este acordo para impulsar a educación en dereitos de infancia nos centros educativos galegos.

O obxecto é promover e difundir os dereitos dos nenos e nenas nos centros de Galicia, a través da iniciativa Educación en Dereitos de Infancia e Cidadanía Global.

Co acordo foméntase a implicación activa da comunidade educativa e a elaboración de estratexias de protección participativas encamiñadas a que o alumnado tome conciencia dos seus propios dereitos e responsabilidades con respecto á sociedade.

O traballo educativo, fundamental

“Estamos moi orgullosos do esforzo e compromiso mostrados polos centros para integrar os dereitos da infancia no currículo escolar, pero queremos que estas experiencias cheguen cada curso a novos centros educativos", manifestou hoxe a presidenta de UNICEF Comité Galicia, Myriam Garabito.

Este convenio é unha renovación do asinado en 2015, que abriu a porta á introdución da iniciativa de Educación en Dereitos nas aulas educativas galegas. Nestes tres primeiros anos, 11 centros educativos participaron a través do Plan Proxecta, promovido pola Consellería.

Esperamos que a firma deste acordo axúdenos a mellorar o coñecemento e promoción dos dereitos da infancia e a adolescencia, e favoreza a aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) no ámbito educativo.