Freepik/dotstudio
 
Freepik/dotstudio
 
Freepik/dotstudio

Grazas por
participar!

#muraldereitos

Descarga o documento PDF

Este PDF contén a guía para educadores da actividade "O mural dos dereitos" e os diferentes modelos e modelos de manifesto que podes utilizar para elaborala.

Portada da guía para educadores

Descarga O PDF 

Tamén dispoñible en castelán

 

É recomendable comezar a preparar a actividade a comezos de curso e dedicarlle un tempo durante o primeiro trimestre, para que o mural poida estar preparado para a súa inauguración o 20 de novembro, Día Mundial da Infancia. O mural pode enfocarse como actividade de aula ou como actividade de centro, en cada caso hai que tomar unhas decisións previas:

  • Espazo que se vai dedicar ao mural, técnicas que se van empregar (en papel ou na parede) e tempo e recursos dispoñibles.
  • Elección da temática do mural: “un mundo de dereitos” ou "unha escola de dereitos”.
  • Distribución do traballo por grupos ou aulas.
  • Adaptación á idade dos participantes, que inflúe nas técnicas e materiais empregados, na selección de tempos e espazos e no tratamento dos temas, a criterio do centro educativo e do equipo.


 

Didáctica dos dereitos

Comprender os nosos dereitos, comprender en que consisten, como funcionan, que límites teñen e que responsabilidades conlevan é unha aprendizaxe vital para todo neno, nena ou adolescente. Guías de acceso para o profesorado, recursos de aula e ideas sobre como abordar os dereitos da infancia na aula, integralos no currículo e facelos comprensibles para o alumnado dos distintos niveis educativos.

Descubre máIs