Abraham Mateo alza a súa voz polos nenos de Sirya

O cantante Abraham Mateo publica unha canción a favor dos nenos de Sirya, cando se cumpren tres anos do inicio do conflito.

 

O tema, Lánzalo, sairá o 18 de marzo e os beneficios obtidos coa súa venda destinaranse integramente ao traballo de UNICEF para dar resposta ao conflito deSirya.


A canción foi composta polo propio Abraham Mateo, que a considera "a máis especial do disco". O artista está moi comprometido coa situación de Sirya. Con esta iniciativa quere "poñer o meu granito de area nun drama como o dos nenos de Sirya cunha organización que coñezo dende que era pequeno, como é UNICEF,".


Con este tema o cantante alza a súa voz polos nenos que levan tres anos sufrindo o impacto da guerra. "Quero facer ver a xente que se todos poñemos o noso gran de area podemos axudar moita xente".Abraham Mateo anima a todos a colaborar: "non deixemos de facelo "por moi pequeno que creamos que é o noso xesto".

Crise de Sirya: as necesidades aumentan

A responsable de emerxencias de UNICEF ComitéEspañol, LorenaCobas, destaca a importancia de colaboracións como esta. "As necesidades da infancia nun conflito que dura xa máis de tres anos", afirma Cobas, "non fan máis que crecer porque cada vez hai máis nenos afectados dentro de Sirya e máis refuxiados que fuxiron a países veciños".

Por iso iniciativas como esta son moi importantes. "Queremos dar as grazas aAbraham, ao seu equipo e aos seus fans por este apoio, que nos axudará a seguir traballando dentro de Sirya e nos campos de refuxiados".

A canción sae á venda o 18 de marzo cun videoclip que contén imaxes do traballo deUNICEF en Sirya.

Despois de tres anos de conflito hai 4,2 millóns de nenos afectados dentro de Sirya e 1,2 millóns de nenos refuxiados noutros países. Moitos nenos tiveron que deixar o colexio, non teñen acceso a auga potable e saneamento axeitado nin a subministracións básicas para a súa supervivencia.

UNICEF traballa dentro e fóra deSirya e logrouresultados como o acceso áeducación para máis de 1 millón de nenos ou o acceso a auga potable para10 millóns de persoas.

Pero as necesidades son permanentes e crecentes, polo que o apoio de todos é fundamental para poder seguir traballando polos nenos de Sirya.