Agora NON podemos parar: o programa Ahora Caigo de Antena3 súmase a salvar vidas
Acabar coa mortalidade infantil tamén é unha das preocupacións de Arturo Valls e do equipo e os concursantes do programa Ahora Caigo de Antena3.
O programa do martes 21 de outubro, dedicado á nosa campaña Agora NON podemos parar, conseguiu 7.600 SMS, o que se traduce en máis de 9.000 euros a favor da supervivencia infantil.
Durante a emisión do programa recordouse que con medidas sinxelas como unha vacina, acceso á auga ou a unha nutrición axeitada pódense salvar miles de vidas.
QUe PoDES fACER Ti PARA FREAR A MORTALIDADe INFANTIL?
Para contribuír ao traballo de UNICEF contra a mortalidade infantil podes:
- Facer unha doazón online
- Enviar un SMS coa palabra UNICEF ao 28028 *: 1,20 euros íntegros para UNICEF. Con esta cantidade pódese vacinar un neno contra varias enfermidades mortais, ou custear o tratamento contra a desnutrición para un neno durante un día.
- Facer un donativo por teléfono no 902 31 41 31
- Sumarte á nosa comunidade de optimistas e convencer aos teus os teus amigos e coñecidos de que estamos máis preto que nunca de rematar coa mortalidade infantil. Podes descargarche o noso kit de superviviencia e axudarnos a difundir a mensaxe nas túas redes sociais.
*IMPORTE DO SERVICIO DE SMS 1,20€ ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido para Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado por UNICEF. N.atn.clte: 902228028, sms@unicef.es. Información legal e protección de datos: www.unicef.es