Agora NON podemos parar: a Radio Televisión de Galicia contra a mortalidade infantil

A Compañía de Radio/Televisión de Galicia (CRTVG), coincidindo co 25 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) e no marco da campaña de UNICEF Comité Español Agora non podemos parar, pon en marcha a IV Semana coa Infancia do 17 ao 23 de novembro.
 
Atendendo ao seu obxectivo de servizo público e a súa vocación de responsabilidade social, a radiotelevisión galega ofrecerá unha programación de sensibilización sobre os dereitos dos nenos, con especial fincapé na loita contra a mortalidade infantil. Todos os fondosconseguidos pola CRTVG se destinarán integramente aos programas de supervivencia infantil de UNICEF.

Os índices de supervivencia infantil aumentaron radicalmente dende 1990, período durante o cal o número absoluto de mortes de nenos menores de cinco anos se reduciu a case a metade, pasando de 12,7 millóns a 6,3 millóns.

Non obstante, a pesar dos avances, máis de 17.000 nenos morren cada día por causas que se poden evitar con medidas tan sinxelas como ter vacinas, auga ou unhanutrición axeitada. Por iso, Agora non podemos parar... de salvar vidas.

Varios programas da TVG e da Radio Galega, tanto informativos coma de entretemento, súmanse á campaña ofrecendo aos espectadores e oíntes contidos -entrevistas, retransmisións en directo e reportaxes-- sobre o traballo de UNICEF no mundo.

A noite do venres 21 de novembro a televisión galega emitirá unha edición especial do programa Luar, presentado por Xosé Ramón Gayoso e coa presenza de numerosos rostros coñecidos.

Ademais, presentadores (como Terio Carrera e Ana Celia Vázquez) e rostros coñecidos da cadea (o showman de "Os Aspirantes",Roberto Vilar, e os actores principais de series de éxito da TVG como "Serramoura", "O Faro", "Casa Manola", "Padre Casares" ao "Era Visto") da TVG actuarán como mensaxeiros da campaña, realizando chamamentos especiais para que a poboación galega se unha á IV Semana coa Infancia enviando SMS coa palabra AXUDA ao 28028 ou chamando ao 905 44 60 28.
 
Co custo de 1 SMS (1,20 euros) 1 neno pode ser vacinado contra enfermidades mortais ou tratado contra a desnutrición aguda durante un día.

A Radio Galega e os seus profesionais tamén dedicarán boa parte dos seus contidos á Semana coa Infancia, a través de programas como Somos Quen, Galicia en Goles, Galicia por diante, La Tarde e Convivir en Igualdade. Ademais, actuarán como mensaxeiros Cristina García da Tarde, e Kiko Novoa de Galicia por diante, entre outros.