Agora NON podemos parar: unha mosquiteira pode salvar vidas
Podemos rematar coa mortalidade infantil con medidas tan simples como unha mosquiteira impregnada con insecticida.
Explícanolo o doutor Onesphore, médico xefe do distrito de Kibuye, en Burundi: "Se deixamos de recibir as mosquiteiras que UNICEF proporciona para os nenos e as súas familias será catastrófico porque se multiplicarán os casos de malaria e anemia".
En 2013, en UNICEF repartimos 30 millóns de mosquiteiras para protexer os nenos e as súas familias da malaria e outras enfermidades con altas taxas de mortalidade infantil.
Coa túa axuda podemos seguir enviando mosquiteiras a nenos para evitar contra enfermidades mortais en moitos países do mundo. Axúdanos a seguir salvando vidas.