Aragón xa ten o seu Pacto pola Infancia

A Comunidade Autónoma de Aragón sumouse ao reto de impulsar e desenvolver políticas a favor da poboación infantil mediante a firma do Pacto pola Infancia.

 

O obxectivo deste Pacto é que sexa uninstrumento eficaz para implementar políticas de infancia a través de medidas concretas como a creación de órganos de participación infantil estables e a elaboración de plans de infancia. Ademais o pacto persegue que se inclúa áinfancia entre as prioridades daaxenda política e social a nivel local e autonómico. De forma paralela crearase unha Comisión de seguimento que se reunirá anualmente para analizar e facer públicas as metas alcanzadas, garantindo a promoción e protección do benestar da infancia na comunidade aragonesa. A iniciativa, proposta e coordinada por UNICEF Comité Aragón, contou coaimplicación dos principaispartidos políticos para conseguir un Pacto consensuado. Así, os representantes Octavio López Rodríguez, secretario xeral do Partido Popular de Aragón;Francisco Javier Lambán Montañés, secretario Xeral de PSOE- Aragón; José Ángel Biel Rivera, presidente do Partido Aragonés; José Luis Soro, presidente de Chunta Aragonesista; e Adolfo Barrena Salces, coordinador General de IU Aragón, asumiron o compromiso de garantir e protexer os principios consagrados na Convención sobre os Dereitos do Neno, na Constitución Española e no ordenamento xurídico. Na firma do pacto estiveron tamén presentes o presidente deUNICEF Comité Español, Carmelo Angulo Barturen; o director executivo de UNICEF ComitéEspañol, Javier Martos; e a presidenta de UNICEF Comité Aragón, Mª Pilar de la Vega Cebrián. Todos eles resaltaron a importancia de que exista un compromiso político a favor dainfancia en Aragón. A firma tivo lugar no Pazo da Aljafería, sede das Cortes de Aragón, onde se reuniron os máximos representantes dos partidos políticos con representación parlamentaria na comunidade.