Auga e saneamento nas escolas de Guinea-Bissau co apoio da Fundación Pedro Navalpotro
Por terceiro ano consecutivo, a Fundación Pedro Navalpotro subvencionará un proxecto de auga e saneamento que UNICEF está a desenvolver en escolas das rexións de Quinara e Tombali, en Guinea-Bissau.
O proxecto "Auga, Saneamento e
Hixiene en Escolas de Guinea-Bissau", ao que se destinarán os7.000 euros que achega a Fundación Pedro
Navalpotro, enmárcase no traballo de UNICEF para loitar
contra a mortalidade infantil.
O acceso a auga
potable e a un saneamento adecuado éesencial para evitar enfermidadesque teñen a súa orixe no uso de auga contaminada, tales como as
enfermidades diarreicas.
Grazas a esta achega poderanse
instalar equipos de auga e saneamento de baixo
custo en 8 escolas das rexións de Quinara
e Tombali, e realizaranse accións de promoción da
hixiene, especialmente orientadas ao lavado de mans con
auga e xabón.
A Fundación Pedro Navalpotrocolabora con UNICEF Comité Soria desde fai máis de cinco anos na
organización de eventos especiais a favor da infancia. Desde 2012
contribúe ademais ao financiamento de programas de auga e
saneamento que UNICEF desenvolve en Guinea-Bissau.