Axudamos ás familias de Ucraína co apoio do Concello de Vigo

Ayudamos a los niños de Ucrania.

Axudamos ás familias de Ucraína co apoio do Concello de Vigo

 A asistencia céntrase na protección á infancia máis vulnerable e na distribución de produtos sanitarios, auga potable e materiais de aprendizaxe.

Ayudamos a los niños de Ucrania.

14/07/2022

A guerra en Ucraína tivo un impacto devastador no benestar dos nenos e as familias. A exposición prolongada á angustia repercute na saúde e o desenvolvemento inmediatos e, a longo prazo, na infancia.

Case dous de cada tres nenos atópanse desprazados dentro de Ucraína, nos países veciños ou noutros aínda máis afastados. Moitos están a ser asasinados ou feridos, sobre todo en ataques nos que se utilizan armas explosivas en zonas poboadas. As mulleres e os nenos corren o risco de sufrir violencia de xénero cando se refuxian, trasládanse ou buscan asilo.

UNICEF, grazas ao apoio dos seus aliados, entre os que se atopa o Concello de Vigo, está a proporcionar protección, con especial atención aos nenos non acompañados e separados das súas familias, servizos psicosociais e de prevención da trata, da explotación sexual e laboral, así como do abuso.

Ademais, UNICEF está a fortalecer os servizos de saúde, nutrición, educación, auga, saneamento e hixiene en Ucraína e países limítrofes.

O Concello de Vigo quixo unirse a UNICEF nesta crise de dereitos de infancia, na que a situación dos 7,5 millóns de nenos ucraínos é cada día máis desesperada. 

As condicións humanitarias son cada vez máis desesperadas, especialmente naqueles lugares das zonas orientais e meridionais de Ucraína onde se incrementaron os combates e o acceso humanitario é moi limitado”, afirmou a coordinadora de UNICEF Comité Galicia, Irene Marín.

Desde UNICEF solicitamos pleno acceso humanitario para prestar axuda rápida aos nenos e ás nenas en condicións de seguridade”, concluíu Marín.