Brote de ébola: escolas pechadas e clases por radio en Serra Leoa

Ante o temor a que o ébola siga propagándose e afectando a máis nenos en Serra Leoa, as escolas pecharon indefinidamente.

Como medida temporal, grazas ao apoio de UNICEF e outros asociados, conseguiuse que se poñan en marcha programas de ensino de radio para nenos en idade escolar no país.

Os programas de 'a escola nunha radio' chegan a máis de 1,7 millóns de nenos de escolas de pre-primaria, primaria, secundaria e superior en todo o país.

Os nenos reciben leccións de inglés, matemáticas, sociais, educación física e saúde, habilidades psicosociais, hixiene e lavado de mans. Tamén reciben información básica sobre como protexerse do ébola.

As clases son impartidas por profesores e chegan ao alumnado nos seus fogares a través dunha rede de 41 estacións de radio en todo o país, coordinada pola Asociación de Xornalistas de Serra Leoa e a Rede de Radio Independente do país.
 

Brote de ébola: que o virus non interrompa a educación dos nenos

"A pesar que o ébola interrompeu o sistema escolar, non debemos permitir que se interrompa o desenvolvemento e a aprendizaxe dos nenos aínda que non poidan ir á escola", explica Roeland Monasch, representante de UNICEF en Serra Leoa. "A escola nunha radio poden ser unha ferramenta eficaz para manter os nenos academicamente comprometidos e enfocados no medio da adversidade. "

"Paréceme que o programa de raio é moi interesante e informativo e tamén quero estudos de formación profesional", explica Amidu, un adolescente que antes do brote de ébola estudaba nun dos institutos de Freetown.

O Ministerio de Educación, Ciencia e Tecnoloxía, UNICEF e os seus aliados están a estudar a posibilidade de distribuír radios alimentadas con enerxía solar aos nenos nos fogares menos favorecidos.

Os programas de radio son parte dun ensaio inicial de tres meses, pero moitos pais están a comentar que é unha iniciativa moi interesante e expresan o seu desexo de que sexa inclúan tamén clases na televisión.