"Cando pecho os ollos só podo ver xente morta"
Cando estalou o conflito en Sudán do Sur en decembro de 2013, Tut Deng, de 14 anos, tivo que fuxir da súa casa coa súa nai para encontrar refuxio seguro no campamento Tomping para persoas desprazadas, nos arredores de Juba.
Actualmente estímase que hai 429.000 nenos desprazados no país, que están expostos a múltiples ameazas e a graves violacións dos seus dereitos. "Recordo cando a miña nai veu a espertarme pola mañá e me dixo que tiñamos que saír de casa porque había unha xente loitando que podía matarnos. Cando saín á rúa vin un montón de cadáveres. Nin sequera puiden ver o meu pai porque el xa deixara de loitar. Cando pecho os ollos pola noite, só podo ver a xente morta".O Campamento Tomping alberga uns21.000 desprazados internos, moitos deles nenos. Estas familias son vulnerables a brotes deenfermidades e á inseguridade alimentaria, sobre todo coa chegada da época dechuvias.UNICEF está a traballar para salvar e mellorar as vidas de miles de desprazados internos en Sudán do Sur, proporcionando auga potable, latrinas, vacinas, alimentación terapéutica e a protección das persoas máis vulnerables.
Sudán do Sur, un conflito que se agrava
desprazados internos, dos que máis de429.000 son nenos menores de idade. Ademais, hai 254.600 refuxiados enpaíses veciños: Uganda, Etiopía, Kenya e Sudán.
O acceso humanitario segue estando limitadonalgunhas zonas. UNICEF está especialmentepreocupado polos nenos e oscivís desprazados enáreas de difícil acceso, debido aosintensos combates.
UNICEF necesita urxentemente 75,1 millóns de dólares (uns 54,7 millóns de euros) para atender as necesidades humanitarias críticas dapoboación vulnerable desprazada polo conflito durante 2014.