Co Concello de Vigo reducimos a transmisión e mortalidade do coronavirus en Siria
Distribuiremos subministracións esenciais para as familias e para o persoal dos centros de saúde
O Concello de Vigo comprometeuse con UNICEF para reducir a transmisión e mortalidade da COVID-19 en Siria distribuíndo material esencial e produtos médicos a familias e persoal sanitario.
As prácticas efectivas de lavado de mans e hixiene, xunto co distanciamento social e outros cambios no comportamento, son a clave para frear a transmisión do virus e combater a estigmatización.
Grazas ao apoio do Concello de Vigo, UNICEF distribuirá subministracións esenciais para garantir ás familias máis vulnerables unha hixiene e saneamento adecuados. Trátase dun conxunto de artigos que contribúen a que as familias dispoñan de auga potable para o consumo, a limpeza e a desinfección frecuentes e a hixiene persoal, tales como cloro, recipientes de auga, pastillas de purificación e desinfectante de mans.
Ademais, distribuiranse materiais e equipos vitais de protección para o persoal de saúde que xestiona os casos de COVID-19: pantalóns cirúrxicos, termómetros, equipos de reanimación e concentradores de osíxeno. Doutra banda, entregaranse subministracións de hixiene e limpeza para a desinfección en instalacións de saúde e centros de tratamento para casos de COVID-19.