COVID-19: Protexemos aos nenos e nenas máis vulnerables de Siria co apoio do Concello de Vigo
A colaboración permitirá reducir a transmisión e mortalidade do novo coronavirus garantindo o acceso a auga, saneamento e hixiene e saúde.
29/06/2020
O Concello de Vigo uniuse por cuarto año consecutivo ó labor de UNICEF para mellorar a vida da infancia en Siria, esta vez para contribuír a reducir a transmisión e mortalidade por COVID-19 entre a poboación afectada.
Máis de nove anos despois do inicio do conflito, a de Siria segue sendo unha das peores crisis humanitarias do mundo. Os nenos e nenas de este país están sendo sometidos a situacións de extrema violencia que afecta directamente a súa supervivencia, desenvolvemento e benestar.
No que respecta á COVID-19, Siria está clasificada oficialmente pola Organización Mundial de la Salud (OMS) como un país con "transmisión comunitaria". Dito organismo advertiu de que Siria encóntrase nun nivel de risco alto, polo que é prioritario ofrecer unha resposta de saúde pública para reducir a transmisión e mortalidade do coronavirus, e dar continuidade aos servizos de saúde, educación e servizos sociais.
Con apoio do Concello de Vigo, compraremos e distribuiremos kits de hixiene para as nenas, nenos e súas familias; produtos básicos para os centros de saúde, equipamento médico e hixiénico para a protección do persoal sanitario e produtos para a desinfección de escolas, centros de saúde e outras instalacións básicas.