Crise de Sirya: Orlando Bloom reúnese con nenos refuxiados en Xordania
O Embaixador de Boa Vontade de UNICEF Orlando Bloom visitou Xordania para reunirse con nenos e familias de Sirya cuxas vidas foron devastadas por un conflito que entra no seu cuarto ano.
"Estes nenos foron testemuñas dunha violencia
extrema que ningún neno debería presenciar (...)O que é máis terrible é que se
converteron nunha xeración perdida. Sen a
educación, a protección e o apoio psicolóxico que necesitan
urxentemente, a súa dor e a súa amargura transformarase en
violencia dentro duns anos", dixo Bloom despois de visitar a semana pasada o
campamento de refuxiados de Za'atari,
preto da fronteira con Sirya.
O actor británico visitou en Irbid unha familia siria que fuxiu hai dous anos da violencia que sacode Aleppo. Como moitas outras familias que acudiron a Xordania ou os países veciños, os poucos aforros que tiñan se remataron, e a vida é cada vez máis difícil.
"Estas familias levaban vidas coas que a maioría de nós podemos identificarnos. Os pais e nais tiñan traballo. Os nenos ían áescola e xogaban. Esta guerra cambiou as súas vidas e afastoulles dos seus fogares, e agora están a vivir ensituacións precarias con moi pouca ou ningunha esperanza para o seu futuro (...) Noqueren vivir como refuxiados, sen dignidade ninrespecto. Simplemente queren recuperar as súas vidas e un futuro para os seus fillos", explicou Bloom.
En Za'atari, Bloomvisitou unha escola que recibe apoio de UNICEF e que ofrece aos nenos a posibilidade derecuperar a normalidade, a pesar de que as súas vidas están moi lonxe de ser normais.
Cunha poboación de máis de 100.000 mulleres, nenos e homes, Za'atari é un dos maiores campamentos de refuxiados do mundo. As familias viven en tendas de campaña e en pequenas caravanas nunha árida zona desértica onde as temperaturas son xélidas en inverno e a calor é extremo durante o verán.
Bloom, moi coñecido polo seu papel en exitosas películas como O Señor dos Aneis e Piratas do Caribe, converteuse en Embaixador de Boa Vontade de UNICEF en 2009. Antes do seu nomeamento,Bloom visitara escolas que reciben apoio de UNICEF enNepal para promover os dereitos da infancia, incluído o acceso á educación de calidade e á auga potable. En 2012, o actor reuniuse con nenos e mozos en Cidade do Cabo,Sudáfrica, para coñecer máis de preto as súas vidas e a importancia de dispoñer de zonas seguras para que os nenos xoguen e participen en actividades recreativas despois da escola.
SIRyA: RECOllIDA DE FIRMAS
UNICEF, ACNUR, Mercy Corps,Save theChildren e World
Vision fixeron un chamamento urxente aos
cidadáns para que alcen a voz con indignación ante o impacto
desvastador da crise nos nenos e as alarmantes consecuencias nunha
xeración enteira.
UNICEF Comité Español pide á sociedade que se unha á recollida de firmas. Todas elas se sumarán á petición internacional das cinco organizacións, dirixida a todos aqueles que teñen a responsabilidade e a capacidade de rematar co sufrimento da infancia de Sirya.