Crise de Sirya: porque os nenos son o futuro

5,5 millóns de nenos sirios están a sufrir, dentro e fóra do país, as consecuencias dun conflito que dura xa 3 anos.

 

Bombardearon as súas casas, as súas escolas e hospitais.Destruíron o seu mundo.Levan 3 anos vivindo e soportandoa violencia da guerra, unha violencia indiscriminada e atroz. Están a ser testemuñas da destrución das súas escolas, das súas casas.Unha xeración de nenos sirios está enrisco de perderse se o conflito non remata xa. E non podemos toleralo. Por iso UNICEF une a súa voz á doutras organizacións e persoas para reclamar medidas urxentes que poñan fin ao drama dos nenos de Sirya: os que quedaron dentro do país e os que están refuxiados nos países veciños. Porque a crise siria non se rematou.
Porque as vidas dos nenos están en perigo.
Porque eles merecen algo mellor que isto.
Porque aínda non é demasiado tarde.
Porque eles son o futuro de Sirya.Pedimos o fin daviolencia e un compromiso coapaz e a reconciliación. Se queres sumarte á petición, podes facelo aquí.