Crise de Sirya: recollida de firmas para deter o sufrimento dos nenos

Mentres o conflito de Sirya se achega ao seu cuarto ano, UNICEF, ACNUR, Mercy Corps, Save the Children e World Vision fan un chamamento urxente aos cidadáns para que alcen a voz con indignación ante o impacto desvastador da crise nos nenos e as alarmantes consecuencias nunha xeración enteira.

Preto de 5,5 millóns de nenos están a sufrir dentro e fóra de Sirya as terribles consecuencias deste conflito. As cinco organizacións advirten que se non se rematan o horror implacable e o sufrimento dos nenos e non hai un aumento do investimento na súa educación e a súa protección, Sirya e a rexión poderían perder unha xeración enteira.

UNICEF Comité Español pide á sociedade que se unha á recollida de firmas a través http://www.unicef.es/generacionsiria. Estas firmas, uniranse á petición internacional das cinco organizacións, dirixida a todos aqueles que teñen a responsabilidade e a capacidade de rematar co sufrimento da infancia de Sirya.

Conseguir un millón de firmas antes do 15 de marzo

O obxectivo desta petición internacional é sumar polo menos un millón de voces de apoio antes de que a guerra de Sirya alcance o final do seu terceiro ano, o próximo 15 de marzo. A chamada á acción subliña a importancia de romper o círculo da violencia e proporcionar á infancia e a xuventude o apoio que necesitan para xogar un rol construtivo na paz e a estabilidade futuras de Sirya e a rexión.

A petición recolle estas cinco demandas:
  • O fin da violencia contra os nenos de Sirya. Todos os implicados na contenda deben respectar plenamente as leis humanitarias, poñer fin ao recrutamento de nenos, e comprometerse nunha resolución pacífica deste conflito.
  • O fin do bloqueo á asistencia humanitaria. Débese permitir ás organizacións humanitarias que poidan chegar con garantías de seguridade a todos aqueles que están a sufrir.
  • O fin dos ataques a traballadores e a infraestruturas humanitarias, especialmente escolas e hospitais.
  • Un compromiso renovado pola reconciliación e a tolerancia - liderado por todas as comunidades afectadas polo conflito e involucrando os nenos e os mozos.
  • Máis investimento na educación e a protección psicolóxica de todos os nenos afectados polo conflito. Os nenos necesitan axuda para recuperarse dos traumas aos que se enfrontaron e adquirir as habilidades que necesitarán para axudar a reconstruír o seu país e fortalecer a estabilidade da rexión.
 
Súmate a esta petición para rematar co sufrimento dos nenos sirios.