Crise de Sirya: a seca ameaza a poboación

A escaseza de auga en Sirya está a xerar que empeore a situación dos máis de 4 millóns de nenos en situación de risco.

 

Son os niveis de chuvia máis baixos dos últimos cincuenta anos.A situación é tan desesperada que podería conducir a quemáis civís abandonen os seus fogares. Sumaríanse aos 6,5 millóns de persoas que xa se virondesprazadas pola crise. Os máis de tres anos de conflito deixaron gran parte dainfraestrutura de auga de Sirya enruínas. Isto, unido á actual seca, está a impactar gravemente na dispoñibilidade de auga. Para chamar a atención sobre a gravidade do problema,UNICEF emitiuunha alerta especial sobre a situación de auga, saneamento e hixiene: Seca: a crecentecrise da auga que enfronta Sirya e a rexión.

Escaseza de auga en Sirya e a rexión

En Líbano e Xordania astensións entre as comunidades locais e os refuxiados sirios acentúanse pola competencia polos recursos limitados, incluíndo a diminución das subministracións de auga. "A escaseza de auga potable - sumado ao impacto do continuo conflito e a calor intensa do verán -aumenta o risco real de máisdesprazamentos de poboación e depropagación de enfermidades entre os nenos vulnerables, dixo Maria Calivis, Directora Rexional de UNICEF para Oriente Medio e o Norte de África."Contamos cos nosos xenerosos doadores para avanzar. Pola contra verémonos obrigados a deter ou reducir algunhas das nosas operacións, deixando aos nenos nun altorisco de contraer enfermidadestransmitidas pola auga e outras infeccións contaxiosas", dixoCalivis.


Existe unha grave escaseza de fondos. Dos 602,3 millóns de euros para facer fronte ás necesidades da infancia afectada polo conflito, solicitáronse 160,2 millóns para Sirya, dos cales só se recibiron o 16 por cento, e 442,1 millóns para a rexión, dos cales só se logrou recadar o 26 por cento.