Crise de Sirya: tres anos de traballo polos nenos

Mentres o conflito en Sirya se achega ao seu terceiro aniversario, UNICEF segue traballando dentro e fóra do país, para conseguir cambios reais nas vidas de miles de nenos afectados pola guerra.

En situacións de conflito armado, a inseguridade e a falta de acceso humanitario dificulta moitas veces o traballo das organizacións humanitarias.

Non obstante, a pesar das dificultades, conséguense resultados que moitas veces supoñen a diferenza entre a vida e a morte de moitos nenos.

Os nenos son sempre os máis vulnerables ante á violencia e a falta de servizos básicos que produce unha guerra.

O obxectivo do traballo de UNICEF nunha emerxencias é garantir que os nenos teñen os mesmos dereitos que nunha situación normal, isto é, acceso a servizos básicos de auga e saneamento, nutrición axeitada e educación. E, por suposto, asegurar que están protexidos fronte á violencia, abusos ou maltratos.

Crise de Sirya: logros conseguidos en 3 anos de conflito

Os programas de auga e saneamento, educación e protección de UNICEF tanto dentro de Sirya coma fóra do país, nos campamentos de refuxiados dos países veciños, mantivéronse en marcha durante estes tres anos de conflito.

Grazas á contribución de miles de socios, doadores e institucións, UNICEF Comité Español apoiou os programas de emerxencia en Sirya con máis de 1 millón de euros. Estes son algúns dos resultados conseguidos, grazas ás achegas voluntarias de socios, doadores e gobernos de todo o mundo.

  • 10 millóns de persoas con acceso a auga potable dentro de Sirya e máis de 343.446 fóra do país.

    6,7 millóns de nenos vacinados contra o sarampelo e máis de 9 millóns contra a polio en Sirya e países veciños.
  • 928.326 nenos tiveron acceso a apoio psicosocial dentro e fóra do país.
  • Máis de 487.000 nenos matriculados en programas de ensino en Sirya e países afectados.
  • Distribución de subministracións dentro de Sirya, en lugares como Homs, Alepo, e as zonas de difícil acceso do país.

 

 
O informe de UNICEFBaixo estado de sitio- o impacto desvastador para os nenos que viviron tres anos de conflito en Sirya analiza a situación que viven os 5,5 millóns de nenos afectados polo conflito, e tamén os logros queUNICEF conseguiu nestes tres anos de conflito..