Crise en Gaza: declaración de UNICEF ante as últimas mortes de nenos

"A morte dun neno israelí de catro anos tras un ataque con foguetes o venres (22 de agosto) e a morte de dous nenos palestinos nun ataque aéreo o sábado (23 de agosto) pola mañá en Gaza,súmanse aos outros 478 nenos palestinos asasinados en ataques en Gaza no último mes.

A morte de nenos de todas as partes implicadas constitúe unha proba máis do terrible impacto do conflito en nenos e familias das partes enfrontadas.

 
Os nenos están a levarse a peor parte dun conflitoque non provocaron. O enfrontamento está infligiendo unsufrimento terrible neles e ten un impacto devastador nas infraestruturas das que dependen para a súa saúde, educación, protección ebenestar.

UNICEF fai un chamamento, unha vez máis, atodas as partes implicadas no conflito, para queprotexan aos civís, especialmente aosnenos, segundo establece o dereito internacional; e para volver comprometerse nun cesamento do fogode forma que non se perdan máis vidas e a axuda humanitaria poida estender o seu traballo esencial enGaza".

Que fai UNICEF en Gaza? Vídeo (inglés) da xefa da oficina de UNICEF no Estado de Palestina, Pernille Ironside.