Crise en Gaza: a guerra en palabras dos nenos palestinos

Dende hai case dous meses, os combates causan terribles sufrimentos aos nenos de Gaza. Polo menos 491 morreron e todos os nenos e as nenas están a vivir nunha situación profundamente estresante.

Catro sobreviventes cóntannos a súa historia:
 
Zacharia, 5 anos
 
"Estaba sentado no chan e estaba aterrorizado ante a visión do sangue no rostro do meu pai.
Podía sentir unha gran presión na miña cabeza e as paredes estaban a tremer. Saímos correndo á rúa.
Eu corría tan rápido como podía e vía o po e cascas que caían do ceo. Non podía parar de chorar". (Zacharía ten unha discapacidade auditiva e conta a súa historia a través da lingua de signos).
 
Aya, 12 anos
 
"Era de noite, pero parecía que era totalmente de día, con todas as luces no ceo.
Vimos aos nosos curmáns morrer e a casa dos veciños en chamas e decidimos que nos tiñamos que ir.
Cando empezamos a saír, empezaron os bombardeos sobre a nosa casa tamén.
Podía sentir a presión das bombas nos meus oídos.
As rúas estaban cheas de xente morta, vin o cadáver dunha noiva.

A miña nai díxome que coidase dunha das miñas irmás, así que a agarrei e saín correndo". (Igual que Zacharia, o seu irmán, na foto anterior, Aya fala a través da lingua de signos).
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Mohammad, 10 anos

Mohammad Ayad camiña cabizbajo por un balcón da escola onde el e a súa familia buscaron refuxio.


"É tan difícil vivir nestes días", laméntase.

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Mohammed, 10 anos
 
"Escoitei o son dos avións por encima noso, e logo había mortos e feridos e corpos esnaquizados por todas partes.

Vin ao meu mellor amigo Mohammed Assam morto ao meu lado. Entón me desmayé. Cando me espertei, estaba aquí no hospital.

Espero que isto pare pero témome que non o fará. Quero ensinar aos nenos a amar o mundo, amar á súa familia e o seu fogar. Todo o mundo debe estar connosco, os nenos. Deteñan o asedio da Franxa de Gaza, a miña casa ".

Coñece como estamos a traballar coas nenos vítimas da violencia en Gaza e axuda aos nenos palestinos.