Crise en Iraq: declaración do Representante de UNICEF
UNICEF está alarmado polo recente desprazamento masivo da poboación civil no norte de Iraq.
Aproximadamente 1.500 persoas, entre elas un gran número de nenos e anciáns, chegaron a Erbil onte de Hamdaniya, provincia de Nínive, e os informes indican que está en movemento un grupo aínda maior de desprazados.
Moitas destas persoas desprazadas viaxaron longas distancias a pé e algunhas sofren lesións pola recente violencia.
Os equipos de avaliación de UNICEF estiveron nos distintos lugares onde as familias se refuxiaron o mércores pola noite e hoxe comezaron a proporcionar axuda crucial para salvar vidas - incluíndo kits de auga e saneamento - aos nenos, mulleres e as súas familias.
Coa violencia en curso en diferentes partes de Iraq, UNICEF reitera o seu chamamento a todas as partes do conflito para garantir a protección dos nenos e de todos os civís.