Crise en Iraq: os nenos refuxiados perdérono todo
O agravamento dos enfrontamentos entre distintos grupos armados en Iraq está a obrigar moitas familias a deixar atrás todo o que tiñan para fuxir e tratar de salvar as súas vidas.
As duras loitas en Iraq das últimas semanas levaron xa máis de 600 persoas a fuxir e refuxiarse na Rexión Norte do Kurdistán.
Preto de 24.000 persoas desprazadas viven agora nunha recinto chamado Sharyia nos arredores de Dohuk.
Crise en Iraq: nenos sen familia e sin fogar
As familias teñen que buscar refuxio onde poden, moitas escóndense en escolas e en edificios en obras.
Algunhas familias veciñas da zona empezaron a aloxar e coidar dalgunhas das persoas que chegan desesperadas fuxindo da violencia.
UNICEF, o Programa Mundial de Alimentos e outros aliados están a traballar na zona para axudar a mellorar as difíciles condicións de vida dos refuxiados iraquís, pero a situación é moi dura. Non teñen nada. E, unha vez máis, os máis vulnerables son os nenos.
Fai un donativo para os nenos de Iraq.