Crise en Siria: o aumento da violencia ameaza a campaña de vacinación

"Mentres os enfrontamentos e a violencia crecen en Siria, perdemos a oportunidade de vacinar e salvar a vida de máis de 1 millón de nenos.

 

Na cidade deIdlib, o aumento de ataques contra as infraestruturas e persoal de saúde detivo temporalmente acampaña de inmunización, debido ao risco de seguridade para os profesionais sanitarios e da poboación local.
 
O 31 de maio un centro de ambulancias de Idlib apoiado polaOrganización Mundial da Saúde e aliados da ONU foi atacado. Como resultado destruíronse 2 ambulancias e o hospital próximo Al-Watany tivo que pechar, deixando unicamente en funcionamento a sala de urxencias. En só un día confirmouse a morte de 50 civís, incluíndo un gran número de nenos, e 250 feridos.
 

CRISe EN SIRIA: Só UN TERCIO DOS HOSPITAiS ESTÁ EN FUNCIONAMENTO

Reportáronse situacións similares a esta noutras zonas de Siria, o que pon aínda máis en perigo a campaña de vacinación. Unhaclínica de Alepo apoiada por UNICEF foi atacada, ferindo a 40 persoas, entre elas unha muller embarazada que perdeu ao seu bebé. 
 
A comezos desta semana un hospital de Haritan, cidade próxima aAlepo, foi gravemente danado. O 23 de maio, o hospital nacional de Jableh de Latakia foi bombardeado, matando a40 pacientes, membros das súas familias, un médico e dous enfermeiros.
 
Desde o comezo do ano rexistráronse 17 ataques a centros de saúde por toda Siria. Actualmente só un terzo dos hospitais do país están en funcionamento.
 

CRISe EN SIRIA: CRECEN OS ATAQUES A HOSPITAiS 

A OMS e UNICEF chaman a todas as partes do conflito a cesar a violencia en Siriapara que os profesionais da saúde poidan retomar a campaña de vacinación nunha contorna segura.
 
Os ataques a infraestruturas sanitarias crecen en frecuencia e número. Estes ataques sonviolacións flagrantes do Dereito Internacional Humanitario. Os profesionais da saúde, pacientes e instalacións sanitarias han de ser protexidos, e debe permitirse con urxencia que os civís poidan acceder aos servizos de saúde".
 
Declaración de Peter Salama, director rexional de UNICEF e Á Alwan, director rexional da OMS