David Beckham pide o teu apoio para os nenos de Sirya
"Como pai e como embaixador de UNICEF, non podo crer que unha xeración enteira de nenos sirios estea en perigo".
Así empeza o vídeo co que David Beckham se une á campaña deUNICEF de recollida defirmas para pedir o fin da violencia contra os nenos de Sirya. Cando se cumpren 3 anos do conflito, 5,5 millóns de nenos están afectados dentro e fóra do país. 3 millóns de nenos non van á escola. Enfróntanse á falta de servizos básicos desaúde, de auga e saneamento, deeducación e protección. Por iso toda unha xeración podería perderse. Ademais, como recorda Beckham no vídeo, "demasiados nenos foron testemuñas e experimentaron unha horrible violencia". Víronse obrigados a deixar as súas casas, as súas escolas, a traballar ou a matrimonios temperáns. As súas infancias forontruncadas. Para evitar que se perda unha xeración, os nenos necesitaneducación, protección e apoio psicolóxico. Dende UNICEF, xunto con outras organizacións, pedimos á comunidade internacional o fin da violencia e do conflito.Podes sumarte deixándonos a túa firma.