Día Mundial contra a Polio: Agora NON podemos parar... de vacinar

Unha simple gota pode representar a fronteira entre a vida e a morte dun neno, ou entre unha vida libre de enfermidades doadamente evitables e outra marcada por unha minusvalidez.

O exemplo encontrámolo en Ashisha, unha nena paquistaní de 4 anos que grazas a 1 gota non sufrirá unha parálise permanente a causa da poliomelite.

Esa gota que garante a Ashisha unha vida máis saudable é só unha das miles de millóns de gotas que, en forma de vacinas contra a polio, UNICEF e os seus aliados subministraron nos últimos 26 anos.

Porque, grazas a esas gotas, a polio é hoxe unha enfermidade practicamente erradicada: de 350.000 casos en 1988 a uns 416 en 2013, o que significa un descenso de máis dun 99%. Esas vacinas evitaron que máis de 11 millóns de nenos morran ou teñan unha minusvalidez.

AgORA NOn PODEMOS PARAR: A Túa AxUDA SALVA VIDAS

Por iso agora non podemos parar de poñer vacinas contra a polio. Non imos deternos ata chegar ao último neno, ata lograr que non haxa ningún caso. Coa túa axuda podemos conseguilo.

Vacinar un neno é unha das medidas máis efectivas para reducir a mortalidade infantil. As campañas de inmunización evitan entre 2 e 3 millóns de mortes cada ano por difteria, tétanos, tose ferina e sarampelo.