Ébola en África: 8 meses despois
O brote de ébola en África iniciouse en marzo deste ano cando o Goberno de Guinea o recoñeceu formalmente. Pero para ese momento, o virus xa cruzara as fronteiras chegando a Liberia, Serra Leoa, Nixeria e Senegal.
8 meses despois deste anuncio, a 24 de outubro, o ébola en África matou 4.877 persoas e cífranse en 9.936 os casos confirmados ou probables.
Estamos ante o maior brote de ébola en África da historia, que está a ter un impacto desvastador nos nenos e as súas familias:

- 2,5 millóns de nenos viven nos países de África afectados polo virus.
- Dende o inicio do brote de ébola en África, 3.700 nenos perderon os seus pais ou coidadores. Isto supón que non teñen a protección e seguridade que a familia significa para eles.
- As comunidades teñen moito medo a contraer a enfermidade. Isto fai que se rexeite os superviventes e aqueles con familiares que morreron por ébola. O estigma social castiga duramente os nenos e as nenas.
- Colapsáronse os servizos sociais básicos: isto implica un risco de que aumente a mortalidade infantil porque os nenos non poden acceder a servizos clave para a prevención de enfermidades como a malaria e se ven afectados pola desnutrición, a falta de auga potable, perden a escolaridade, etc.
A situación empeora cada día, e de seguir con esta pauta en decembro podería haber 10.000 casos novos cada semana.
O noso obxectivo é frear o ébola en África, pero é unha carreira contra o reloxo. O noso plan de resposta nestes 8 meses e para os próximos 6 meses inclúe medidas para atender aos enfermos e protexer os nenos.

Estamos a tratar de innovar para que a mensaxe de prevención chegue máis lonxe. Estanse a usar, por exemplo, cancións de rap, anuncios de raio, programas de televisión e campañas porta a porta.
Ao mesmo tempo, seguimos formando 100 traballadores sanitarios máis sobre como protexerse do ébola.
Tamén continuamos en terreo subministrando nutrición, auga potable e saneamento e buscando formas alternativas para que os nenos non perdan o período escolar e poidan seguir formándose.
Pero para chegar a máis nenos necesitamos axuda. Por favor, se podes, fai un donativo para frear o ébola.