Ébola en África: cúmprese un ano da primeira vítima do brote

Hoxe cúmprese un ano da primeira morte por  ébola en África  deste último brote, o máis mortífero da historia.

O chamado 'paciente cero' é un neno que non chegou a cumprir 2 anos cando morreu en decembro de 2013. O seu nome era Emile Ouamouno e a súa morte foi seguida da da súa irmá Filomena, de 4 anos, e da da súa nai.

O seu pobo, Meliandou, en Guinea, converteuse entón na 'zona cero' do ébola 
en África.
 
 

Ébola en África: "Agora somos aínda máis pobres do que éramos antes"

A acometida do ébola en África está a ser rápida e cruel. O seu impacto a longo prazo é máis cruel aínda. Para Etienne, o pai deEmile, un agricultor como outros na súa comunidade, ao trauma da perda da súa familia únese a ruína financeira causada polo estigma.

Normalmente, os membros da comunidade en Meliandou viven de vender as súas espinacas, trigo, arroz, millo e plátanos. Pero para as familias afectadas polo ébola nada volveu ser normal. Xa ninguén lles quere comprar os seus produtos, quedaron sen forma de subsistencia.

Se podes, fai un
donativo para frear o ébola.