Garantimos que nenos e nenas de familias vulnerables en Venezuela reciban polo menos unha comida diaria

A colaboración da Xunta de Galicia no programa de Alimentación Escolar de UNICEF en Venezuela contribúe a mellorar a saúde e o benestar da infancia, así como o acceso e a permanencia na escola

Garantizamos alimentación básica a al infancia en Venezuela
06/09/2021
 

Por segundo ano consecutivo, UNICEF Venezuela implementa o Programa de Alimentación Escolar. Esta iniciativa, financiada en parte pola Xunta de Galicia, pretende paliar o sufrimento de familias afectadas por crises de longa duración, e garantir aos nenos e nenas o dereito para sobrevivir e a desenvolverse nestes momentos de pandemia.

Despois de seis anos consecutivos de recesión económica, a crise humanitaria en Venezuela continúa intensificándose. Actualmente, un de cada tres venezolanos sofre inseguridade alimentaria. Ademais, a COVID-19 deixou ao descuberto a extrema vulnerabilidade da poboación e, en especial, de nenos, nenas e adolescentes.

En 2020, desde UNICEF —en coordinación co Programa de Alimentación Escolar administrado polo Goberno— ampliamos a nosa intervención asegurando o acceso ás escolas públicas a través do Programa Regular de Comidas Quentes na Escola e mediante dúas modalidades adaptadas ao contexto en pandemia: a distribución de bolsas de alimentos non perecedoiros aos fogares dos nenos e as nenas, e a preparación diaria de alimentos nas escolas e entrega adicional aos nenos e as nenas no fogar.

A finais de decembro de 2020, en UNICEF conseguimos chegar a máis de 104.000 nenos e nenas co Programa de Alimentación Escolar en oito estados (Amazonas, Apure, Bolívar, Delta Amacuro, Distrito Capital, Miranda, Táchira e Zulia).

O presente proxecto financiado pola Xunta de Galicia - parte do Programa de Alimentación Escolar de UNICEF en Venezuela - centrarase en dúas escolas da parroquia do  Junquito, Distrito Capital, garantindo que 872 nenos e nenas de 340 familias vulnerables sigan recibindo polo menos unha comida diaria que contribúa a mellorar a súa saúde e benestar, así como o acceso e a permanencia na escola. A provisión de bolsas de alimentos irá acompañada da distribución de kits de hixiene e a difusión de mensaxes crave para promover a retención escolar e prácticas de hixiene. 

“Agradecemos o compromiso da Xunta de Galicia con UNICEF para dar continuidade ao exitoso Programa de Alimentación Escolar desenvolto en 2020, no que, grazas ao seu apoio, entregáronse máis de 2.000 bolsas de comida durante catro meses ás familias máis vulnerables das parroquias Sucre e O Junquito de Distrito Capital. O impacto do programa foi tal que, en consecuencia, rexistrouse un aumento do 27,2% nas matrículas das escolas”, explicou a presidenta de UNICEF Comité Galicia, Myriam Garabito.