Infancia en España 2014: os nenos falan da crise e de como lles afecta

Héctor ten 16 anos e cóntanos que ten compañeiros de clase que non teñen comida. Juan ten 12 e xa sabe que España é o segundo país da Unión Europea con máis pobreza infantil.

Darío, de 13, sinala que hai familias que non se poden manter e que, polo tanto, non se poden nin formular ter máis fillos.

Noelia aos seus 14 anos xa é consciente da desigualdade nas aulas. "Os alumnos cunha peor situación económica non poden optar ao mesmo nivel educativo", explica preocupada.

E Ana denuncia que os nenos e as nenas viven un día a día difícil e se teñen que buscar maneiras de sobrevivir. Aos seus 16 anos xa é consciente de que fai falta traballar en equipo e pide á cidadanía e aos políticos que traballen sexan máis empáticos con realidades tan difíciles como os deshaucios ou a falta de recursos nas aulas.

Como di Xerónimo, de 11 anos, os nenos e as nenas son a futura xeración. E por iso dende UNICEF Comité Español, coincidindo co lanzamento do noso Informe sobre a Infancia en España, solicitamos a adopción dun Pacto de Estado pola Infancia, que englobe a todos os partidos, forzas políticas, sindicais, económicas e, en suma a toda a sociedade para blindar os dereitos dos nenos en España.

Ti tamén podes unirte á nosa petición. Asina en http://www.unicef.es/pactoinfancia e anima os teus amigos a sumarse.