Loitamos contra a violencia de xénero en Uganda coa colaboración da Xunta de Galicia 

Traballaremos na prevención, protección e resposta á violencia de xénero que sofre a poboación refuxiada en Uganda.

Prevención de la violencia de género en Uganda.

 

15/07/2021
 

A complexa crise humanitaria de Sudán do Sur segue desprazando ás poboacións cara a Uganda, e as persoas refuxiadas que chegan ao país continúan sufrindo unha serie de violacións dos seus dereitos que se manifestan en diversas formas de abuso, explotación e abandono. 

O campamento de refuxiados de  Bidibidi, o asentamento máis grande de Uganda, alberga actualmente a 51.232 persoas das cales o 85% son mulleres, nenas e nenos. 

No marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade, UNICEF Comité Galicia e a Xunta de Galicia unímonos co obxectivo de fortalecer a contorna de protección das nenas e nenos e as poboacións de acollida deste campamento.

Por segundo ano consecutivo, traballaremos xuntos na prevención e resposta que necesitan as nenas e nenos sobreviventes de diferentes maneiras de violencia sexual e de xénero, incluída a violación, o matrimonio infantil e forzado, e o embarazo na adolescencia. Ademais, traballaremos na promoción da reunificación familiar e o apoio psicosocial, todo isto a través de actividades baseadas na comunidade, co obxectivo de garantir o seu benestar e a súa capacidade de  resiliencia. 

Así mesmo, contribuiremos ao fortalecemento do sistema de protección do Goberno de Uganda a través da coordinación regular, vías de derivación e desenvolvemento de capacidades en temas de protección a través da formación de provedores de servizos e estruturas comunitarias.

O proxecto está aliñado cos obxectivos de traballo e a medida 37 proposta no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade do Goberno de España, e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS), con especial foco no  ODS 5 e no alcance das súas metas 1 e 2.